Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XIII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Falso. Con todo, por poucos que fosen, 3 accidentes marcaron de negro a traxectoria da enerxía nuclear no mundo: Chernóbil, Three Mile Island e Fukushima. Por iso, é imprescindible realizar un bo mantemento da central, e seguir estritas normas de seguridade

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Hai máis probabilidades de morrer nun accidente de avión que por un accidente nuclear.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios