Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? VI

Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.

A contestación correcta á pregunta de onte era Gautama Buddha. Tamén coñecido como Siddhārtha Gautama, foi un príncipe que viviu do 563 a.C. ata o 483 a.C., no reino de Shakya (que hoxe en día sería parte da fronteira do Nepal coa India) e fundador do budismo (☸), e recoñecido universalmente polos budistas como o Supremo Buda da nosa era. Casado e cun fillo, aos 29 anos decidiu deixar a vida palaciana para vivir como un asceta na foresta. Practicou meditación e severas austeridades durante 6 anos ata que, aos 35 anos, tivo unha experiencia relixiosa á cal lle deu o nome de iluminación. A partir de aí pasou a ser coñecido como o Buda, máis especificamente como Buddha Śākyamuni. Viviu ata os 80 anos de idade, transmitindo as súas ensinanzas e conquistando unha grande lexión de discípulos, monxes ou leigos (sen ordenación monástica).

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que relixión se basa nas ensinanzas do Tora?

- Cristianismo

- Xudaísmo

- Islamismo

- Bahaísmo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios