CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? XII
Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.
A contestación correcta á pregunta de onte era Budismo. Denomínanse tradicionalmente relixións abrahámicas ao xudaísmo, cristianismo e islam, por trazaren a súa orixe na tradición bíblica do patriarca Abraham, quen rexeitou os deuses imperantes na súa terra natal e propugnou a idea dun Deus único, creador, xuíz, non coñecible, omnipotente e eterno. As características destas relixións son: O monoteísmo, a crenza nun só deus. A crenza que ese deus único guía á humanidade por medio da revelación aos profetas, e cada relixión incorpora as ensinanzas que Deus revelou por medio dun libro sagrado. Orixes semíticas. Orientación ética, todas definen a elección entre o ben e o mal e demandan obediencia aos preceptos establecidos por Deus. Unha visión escatolóxica da historia e do destino, comezando coa creación e coa participación activa de Deus. Importancia de Xerusalén.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Testemuñas de Xehova é o nome dun grupo relixioso internacional que promove e practica unha relixión entendida polos seus adherentes como unha restauración do modo de vida e ideas orixinais dos primeiros cristiáns do século I. Das seguintes afirmacións hai unha que NON é correcta sobre este grupo relixioso:
- Xurdiron a partir dun grupo de cristiáns restauracionistas pertencentes ao movemento Estudantes da Biblia, o cal fora organizado polo estadounidense Charles Taze Russell nos anos 1870 no condado de Allegheny, Pensilvania.
- O Deus deste reino é un deus “trinitario.”
- Sosteñen que a Biblia é a completa Palabra de Deus (os sesenta e seis libros do “Antigo e Novo Testamentos”.
- Nas reunións das congregacións non hai ritual. As reunións son para educación... estudo e consideración da Biblia
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e wol.jw.org/es Imaxe: infocatolica.com e jw.org
0 comentarios