ENCRUCILLADO CIX
VERTICAIS: 1. Respirar con dificultade ou perder o alento por mor da calor, do cansazo etc. 2. Ala comestible de cor vermella, de nome científico Palmaria palmata, rica en ferro, magnesio, fósforo e fibra, e baixa en sodio e calorias 4. Alteración do ritmo normal do corazón ou da respiración 6. Concello coruñés, pertencente á comarca do Eume, situado dentro do parque natural das Fragas do Eume 8. Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e que tiña a forma desta 9. Capital da República de Estonia.
HORIZONTAIS: 3. Río, afluente pola esquerda do río Sil, que nace en Pena Trevinca e desemboca no Sil en Ponte de Domínguez Flórez 5. Cidade portuguesa do distrito de Braga, coñecida comoa cidade onde naceu Porugal 7. Árbore da familia das tiliáceas, do que existen varias especies, de tronco recto, copa ampla de forma oval, follaxe densa que dá moita sombra, follas en forma de corazón e flores branco amareladas moi recendentes 10. País, onde se desvolverá o Mundial de Fútbol 2022, a celebrar entre o 21 de novembro e o 18 de decembro.
0 comentarios