CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? IX
Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.
A contestación correcta á pregunta de onte era Somerxen ao bautizado na auga da pía bautismal. Durante os bautizos ortodoxos, somerxen aos bebés tres veces nunha pía bautismal chea de auga bendita, unha no nome do Pai, outra do Fillo e a última, no nome do Espírito Santo, mentres que na católica romana a auga derrámase sobre a cabeza do bautizado. Outras diferenzas son: na Comunión, os ortodoxos evocan ao Espírito Santo e ao comulgar reciben pan e viño, mentres que os católicos romanos utilizan pan non amasado (hostia) e normalmente non reciben o viño. Na Igrexa Ortodoxa non existe a Primeira Comunión. Respecto a os clérigos, no catolicismo imponse o celibato a todos os graos da xerarquía, mentres que os curas ortodoxos si poden casar, se o desexan, a condición de que non desexen chegar aos últimos chanzos da xerarquía. Os curas casados non poden chegar a ser bispos. Os sacerdotes católicos poden dicir varias misas o mesmo día e sobre o mesmo altar. Os ortodoxos non. A maneira de santiguarse é distinta. No credo oriental santiguanse de dereita a esquerda. Na liturxia, os ortodoxos utilizan a lingua arjaísusa coa que se traduciron os Evanxeos.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Na igrexa católica, o primeiro Papa foi San Pedro, o apóstolo máis importante de Xesús, a quen se lle deu a responsabilidade de dirixir a Igrexa. Pero cal foi o segundo?
- Clemente
- Anacleto
- Lino
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e elperiodicomediterraneo.com Imaxe: es.wikipedia.org e ecured.cu
0 comentarios