CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? VII
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte é Nilo. É o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países —Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Kenya, República Democrática do Congo, o Sudán do Sur, o Sudán, Exipto e Etiopía— ata desaugar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6.853 km, o segundo río más longo do mundo, tras o Amazonas. O segundo río máis longo de África é o Congo.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é a montaña máis alta de África?
- Kenia
- Stanley
- Kilimanjaro
- Toubkal
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: Sergey Pesterev / Wikimedia Commons
0 comentarios