CANTO SABES SOBRE EUROPA VII
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Volga. Cos seus 3.645 km, é o máis longo de Europa e o 15.º máis longo do mundo. Nace nos outeiros de Valdái a 228 m de altitude, entre Moscova e San Petersburgo, e desemboca no mar Caspio. Tamén é o río máis caudaloso de Europa, cun caudal medio de 8.000 metros cúbicos por segundo.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é a montaña máis alta de Europa?
- Mont Blanc
- Monte Dij-Tau
- Monte Elbrús
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios