Blogia
vgomez

DINOSAUROS ANTÁRTICOS

No Polo Sur, Antártica, houbo dinosauros, pero cando colonizaron o continente xeado, este non estaba onde agora, xa que o seu clima era probablemente semitropical. De feito, os paleontólogos atoparon fósiles de dinosauros antárticos, aínda que moi poucos. Entre eles o Antarctopelta e o Glacialisaurus, dos que falaremos a partir de hoxe.

1. Antarctopelta

Antarctopelta oliveroi é a única especie coñecida do xénero extinto de dinosauro anquilosauriano, que viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 74 a 70 millóns de anos, no Campaniense, no que hoxe é a Antártida. Como outros anquilosaurianos, Antarctopelta oliveroi foi un macizo, herbívoro cuadrúpedo protexido por placas de armadura inxeridas na pel.

É un anquilosauriano de mediado tamaño, ao redor de 4 metros de longo. O cranio era pequeno pero presentaba evidencias dunha forte osificación, para o seu defensa. Un óso en particular, situado sobre a órbita do ollo e identificado como o supraorbital, exhibía unha pequena espiña cónica proxectándose sobre os ollos. Os dentes, con forma de folla, eran asimétricos, coa maioría dos dentículos no bordo máis preto á punta do fuciño. Estes dentes eran tamén grandes en comparación aos doutros anquilosaurianos, co máis longo alcanzando 10 mm de ancho.​

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org   Imaxe: prehistoria.fandom.com/es

Mañá o segundo e último dinosauro antártico!


0 comentarios