CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? X
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Glasgow. É a maior cidade de Escocia e a terceira do Reino Unido despois de Londres e Birmingham. Está situada ás beiras do río Clyde nas Terras Baixas de Escocia. Ten unha poboación aproximada de 613.000 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Escocia é terra de lagos, pero cal e o maior de auga doce?
- Ness
- Gran Glen
- Lomond
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: kayak.es e es.wikipedia.org
0 comentarios