#Dígocho Eu: Xián ou Xian?
Esther Estévez responde a unha pregunta que fixeron en Instagram:Xián ou Xian!
#DígochoEu
Esther Estévez responde a unha pregunta que fixeron en Instagram:Xián ou Xian!
#DígochoEu
Hai palabras que non están (aínda) no dicionario da RAG, pero son correctas. Este é un exemplo.
#DígochoEu
Remato coa serie adicada aos dinosauros asiáticos. Se o día pasado falamos do Titanosaurus, hoxe tócale ao…
6. Titanosaurus

Majungasaurus crenatissimus é a única especie coñecida do xénero extinto Majungasaurus, dinosauro terópodo abelisáurido que existiu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 70 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que hoxe é Madagascar. A este xénero adoitaba chamárselle Majungatholus, nome que agora se considera sinónimo de Majungasaurus.
Do mesmo xeito que outros abelisáuridos, Majungasaurus era un depredador bípedo provisto dun fuciño curto. Aínda que os brazos non dispoñen de moita evidencia, recoñécese que estes eran moi pequenos, mentres as patas eran longas e robustas. Doutra banda, diferénciase dos demais abelisáuridos ao contar cun cranio máis ancho, dotado dunha textura moi áspera e endurecida no tope do fuciño, máis un corno redondeado arriba do cranio, o cal foi orixinalmente confundido co domo dun paquicefalosauriano. Tamén posuía máis dentes en ambas as mandíbulas que a maioría de abelisáuridos.

Majungasaurus era o típico terópodo mediano que alcanzaba entre 6 e 7 metros de lonxitude, incluíndo a súa cola. Restos incompletos de grandes individuos indican que algúns adultos chegaban a medir unha lonxitude de máis de 8 metros. Os científicos estiman que un Majungasaurus adulto medio pesaba máis de 1.100 quilogramos, con todo os máis grandes individuos pesarían máis.
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxes: artbyphil.blogspot.com e Matt Martyniuk/es/wikipedia.org
Proximamente, dinosauros norteamericanos!
Continúo coa serie adicada aos dinosauros asiáticos. Se o día pasado falamos do Indosaurus, hoxe tócale ao…
5. Titanosaurus

Titanosaurus é un xénero dubidoso de dinosauros saurópodos titanosaurianos, descrito orixinalmente por Richard Lydekker en 1877, e que viviron a finais do período Cretácico hai aproximadamente 70 millóns de anos, no Maastrichtiense.
O holotipo atopouse na Formación Lameta da India, aínda que se lle asignaron no pasado varias especies en Sudamérica, Europa e Madagascar.
Titanosaurus foi un cuadrúpedo de pescozo longo e dentes en forma de lapis, como o Saltasaurus; posuía placas óseas na pel, medía entre 9 e 12 metros e pesaría 13 toneladas.
Mañá o último dinosauro asiático!
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxes:
Continúo coa serie adicada aos dinosauros asiáticos. Se o día pasado falamos do Rajasaurus, hoxe tócale ao…
4. Indosaurus

Indosaurus matleyi é a única especie coñecida do xénero extinto Indosaurus, dinosauro terópodo abelisáurido, que viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 69 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que hoxe é o subcontinente indio.

Indosaurus era un depredador de aproximadamente 700 quilogramos de peso e ao redor de 6 metros de longo, cun cranio de gran tamaño que probablemente posuía adornos que, aínda que non chegaban a ser cornos como no Carnotaurus, eran característicos do clado.
Mañá outro dinosauro asiático!
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxes:
Cal é a correcta? Tempada ou temporada? Toma nota da explicación de Esther Estévez!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada aos dinosauros asiáticos. Se o día pasado falamos do Shantungosaurus, hoxe tócale ao…
3. Rajasaurus

Rajasaurus narmadensis é a única especie coñecida do xénero extinto Rajasaurus, un dinosauro terópodo abelisáurido, que viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente entre 70 a 66 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que hoxe é o Subcontinente indio.

Rajasaurus era un robusto dinosauro depredador de entre 6 a 7 metros de longo e 2,4 de alto, cun peso estimado que roldaría as 400 a 700 quilos. Entre os restos aparece o primeiro cranio completo descrito dun gran dinosauro depredador na India, e a súa inclusión dentro dos abelisáuridos mostra a gran distribución mundial que presentou este grupo de dinosauros. Esta cabeza era curta, de só 60 centímetros de longo e co que podería ser un distintivo baixo corno redondeado no medio da fronte.
Mañá outro dinosauro asiático!
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxes:
Continúo coa serie adicada aos dinosauros asiáticos. Se o día pasado falamos do Velociraptor, hoxe tócale ao…
2. Shantungosaurus

Shantungosaurus giganteus é a única especie coñecida do xénero extinto Shantungosaurus. É un xénero de dinosauro ornitópodo hadrosáurido, que viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente entre 77 a 70 millóns de anos durante o Campaniense e o Maastrichtiense, no que é hoxe Asia.

Shantungosaurus é ata o de agora o taxón hadrosauroide máis grande do mundo: a maior lonxitude do seu fémur é de aproximadamente 1,7 metros e a maior lonxitude do seu húmero é de aproximadamente 0,97 metros. Media ao redor de 15 metros de longo, sendo o maior dos hadrosaurios, cun peso estimado de máis de 16 toneladas.
Mañá outro dinosauro asiático!
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxes: