Blogia
vgomez
Prueba Amazon Prime 30 días gratis

DINOSAUROS ASIÁTICOS III

Continúo coa serie adicada aos dinosauros asiáticos. Se o día pasado falamos do Shantungosaurus, hoxe tócale ao…  

3. Rajasaurus

Rajasaurus narmadensis é a única especie coñecida do xénero extinto Rajasaurus, un dinosauro terópodo abelisáurido, que viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente entre 70 a 66 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que hoxe é o Subcontinente indio.

Rajasaurus era un robusto dinosauro depredador de entre 6 a 7 metros de longo e 2,4 de alto, cun peso estimado que roldaría as 400 a 700 quilos. Entre os restos aparece o primeiro cranio completo descrito dun gran dinosauro depredador na India, e a súa inclusión dentro dos abelisáuridos mostra a gran distribución mundial que presentou este grupo de dinosauros. Esta cabeza era curta, de só 60 centímetros de longo e co que podería ser un distintivo baixo corno redondeado no medio da fronte.

Mañá outro dinosauro asiático!

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: Paleocolour/es.wikipedia.org/wiki

0 comentarios