Blogia
vgomez

DINOSAUROS ASIÁTICOS VI (FIN)

Remato coa serie adicada aos dinosauros asiáticos. Se o día pasado falamos do Titanosaurus, hoxe tócale ao…  

6. Titanosaurus

Majungasaurus crenatissimus é a única especie coñecida do xénero extinto Majungasaurus, dinosauro terópodo abelisáurido que existiu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 70 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que hoxe é Madagascar. A este xénero adoitaba chamárselle Majungatholus, nome que agora se considera sinónimo de Majungasaurus.

Do mesmo xeito que outros abelisáuridos, Majungasaurus era un depredador bípedo provisto dun fuciño curto. Aínda que os brazos non dispoñen de moita evidencia, recoñécese que estes eran moi pequenos, mentres as patas eran longas e robustas. Doutra banda, diferénciase dos demais abelisáuridos ao contar cun cranio máis ancho, dotado dunha textura moi áspera e endurecida no tope do fuciño, máis un corno redondeado arriba do cranio, o cal foi orixinalmente confundido co domo dun paquicefalosauriano. Tamén posuía máis dentes en ambas as mandíbulas que a maioría de abelisáuridos.

Majungasaurus era o típico terópodo mediano que alcanzaba entre 6 e 7 metros de lonxitude, incluíndo a súa cola.​ Restos incompletos de grandes individuos indican que algúns adultos chegaban a medir unha lonxitude de máis de 8 metros.​ Os científicos estiman que un Majungasaurus adulto medio pesaba máis de 1.100 quilogramos, con todo os máis grandes individuos pesarían máis.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org     Imaxes: artbyphil.blogspot.com e  Matt Martyniuk/es/wikipedia.org

Proximamente, dinosauros norteamericanos!

0 comentarios