Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Seguro que sabes o que é o castrapo?

 

No TikTok do #DígochoEu un seguidor tiña dúbidas co castrapo. Seguro que sabes o que é?

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? III

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é As que emiten un son que organiza a saída dun enxame. Formar un enxame de abellas é a forma que teñen as colonias de abellas para multiplicarse. Basicamente, a familia divídese en dúas metades. Unha delas sae ao exterior e busca un lugar onde formar unha nova colmea. A outra metade permanece na localización orixinal. Así, dunha colmea prodúcense dúas ou máis. Desde horas ou días antes da saída, abellas exploradoras buscan lugares próximos nos que aloxar ao enxame cando salga. Ás veces é un emprazamento provisional, como a rama dunha árbore. Outras veces van directas a un punto definitivo, como unha colmea baleira, ou unha oquedade nunha rocha ou unha árbore. Juliana Rangel-Pousada, investigadora da Universidade de Cornell, demostrou en 2013 que un pequeno grupo de abellas dentro da colmea, aproximadamente 200, son as que precipitan o enxame. Esta autora fala de ‘pipers bees’, que se podería traducir por ‘abellas gaiteiras’ ou ‘abellas frautistas’, en alusión ao Frautista de Hamelin. Son individuos moi veteranos e, posiblemente, moi influentes dentro do grupo. O caso é que estas abellas emiten un determinado son parecido ao asubío dunha frauta. Con ese son activan a saída do enxame, que, nun momento concreto, lánzase ao exterior e alza o voo.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Lorenzo Longstroth descubriu...

- O método de apareamento das abellas

- A pasteurizacion do mel

- A medida do chamado "paso de abella"

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com          Imaxe: news.illinois.edu

#DígochoEu: Non digas *apoteósico

 

 En galego non temos finais *apoteósicos. Esther Estévez cóntanos como dicilo correctamente!

#DígochoEu

#DígochoEu: #AquíDicímoloAsí Os bloques dialectais

 

No #DígochoEu comezamos unha viaxe polas variedades dialectais do galego! #AquíDicímoloAsí E facémolo coa axuda dos mapas do Instituto da Lingua Galega. Aperten o cinto e gocen do voo!

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? II

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é 15 días. A abella raíña é unha das tres castes que teñen as abellas melíferas. É a única femia fértil que pon ovos fecundados que dan orixe a abellas obreiras infértiles e pon ovos non fecundados que dan orixe a abellóns fértiles, por un mecanismo denominado partenoxénese.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. As abellas "gaiteiras" son...

- As que guían á raiña dentro da colmea

- As que emiten un son que organiza a saída dun enxame

- As que coidan da cría en estado de larva

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: apiculturaymiel.com          Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas que isto é o colmo!

 

Colmo é correcto en galego, pero para queixarte debes usar outras formas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE APICULTURA?

CANTO SABES SOBRE APICULTURA?

A apicultura é unha actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas. En Europa a abella máis empregada é a do xénero Apis, normalmente Apis mellifera, con diferentes subespecies ou variantes rexionais. A cría e explotación de melipónidos (abellas sen aguillón produtoras de mel) que se da nas rexións tropicais e subtropicais denomínase meliponicultura.

A apicultura é unha actividade fascinante na que nunca se deixa de aprender. Cando alguén cre que xa sabe moito, descobre outra faceta desta actividade que lle resulta completamente nova e pode penetrarse nun territorio totalmente inexplorado. E ti, canto sabes? Propóñoche averigualo! Animaste? Si, pois empezanos!

1. Cantos días tarda en nacer unha raíña?

- 8 días

- 12 días

- 15 días

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com e expertoanimal.com

#DígochoEu: Non iremos a Sevilla, pero temos onde ir

 

Non! Non podemos traducir literalmente e dicir ’quen foi a Sevilla perdeu a cadeira’. Pero en galego hai refráns moi similares que podes empregar no seu lugar e que ata compartimos coa lusofonía!

 #DígochoEu