Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? III

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é As que emiten un son que organiza a saída dun enxame. Formar un enxame de abellas é a forma que teñen as colonias de abellas para multiplicarse. Basicamente, a familia divídese en dúas metades. Unha delas sae ao exterior e busca un lugar onde formar unha nova colmea. A outra metade permanece na localización orixinal. Así, dunha colmea prodúcense dúas ou máis. Desde horas ou días antes da saída, abellas exploradoras buscan lugares próximos nos que aloxar ao enxame cando salga. Ás veces é un emprazamento provisional, como a rama dunha árbore. Outras veces van directas a un punto definitivo, como unha colmea baleira, ou unha oquedade nunha rocha ou unha árbore. Juliana Rangel-Pousada, investigadora da Universidade de Cornell, demostrou en 2013 que un pequeno grupo de abellas dentro da colmea, aproximadamente 200, son as que precipitan o enxame. Esta autora fala de ‘pipers bees’, que se podería traducir por ‘abellas gaiteiras’ ou ‘abellas frautistas’, en alusión ao Frautista de Hamelin. Son individuos moi veteranos e, posiblemente, moi influentes dentro do grupo. O caso é que estas abellas emiten un determinado son parecido ao asubío dunha frauta. Con ese son activan a saída do enxame, que, nun momento concreto, lánzase ao exterior e alza o voo.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Lorenzo Longstroth descubriu...

- O método de apareamento das abellas

- A pasteurizacion do mel

- A medida do chamado "paso de abella"

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com          Imaxe: news.illinois.edu

0 comentarios