Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? III

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Champiñon silvestre. O Agaricus campestris é un fungo saprófito e excelente comestible cando é novo ou cando as súas láminas aínda permanecen rosadas (non é conveniente consumilos cando as súas láminas escurecen). Iste cogomelo pertence ao grupo dos basidiomicetos e á orde Agaricales. O seu chapeu mide entre 4 e 10 cm de diámetro, é hemisférico, convexo e aplanado na vellez. A cutícula deste fungo é sedosa, de cor branca e sepárase facilmente, en ocasións ten escamas concéntricas de tons ocres. A marxe é ornamentado e presenta restos de veo, se incurva durante o desenvolvemento. O pé é groso, fibroso, curto e cilíndrico, mide de 3 a 7 cm de longo por 1 a 2 cm de diámetro, engrósase na base e ten coloración branca, sepárase facilmente do chapeu. O anel é membranoso, ascendente, simple, efémero, de cor branca e atópase na parte superior do pé, polo xeral. O himenio é en laminillas, estas atópanse libres e apertadas, presentan cor rosa vivo e cambian a cor chocolate e negruzcas co pasar do tempo. O champiñón silvestre, ao ollo dun principiante, pódese confundir con amanitas brancas, estas recoñécense basicamente porque presentan volva e láminas completamente brancas e estes caracteres son moi importantes para evitar unha intoxicación perigosa. Con todo, o poder diferencialas correctamente das especies máis similares radica no coñecemento que se teña de cada unha elas, é por isto que é conveniente estudalas moi ben antes de aventurarse neste labor.

E imos coa proposta de hoxe!

2. Identifica:

- Seta de brezo

- Champiñón

- Níscaro

- Lactarius deterrimus

Mañá a olución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e naturaleza.paradais-sphynx.com   Imaxe: es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? II

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é 1-Sombreiro, 2-Anel, 3-Pé, 4-Himenio, 5-Láminas, 6-Volva e 7-Micelio.

E imos coa proposta de hoxe!

1. Identifica:

- Trufa negra

- Russula sardonia

- Champiñon silvestre

- Amanita verna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com  Imaxe: Dr. Hans-Günter Wagner/CC BY-SA 2.0/naturaleza.paradais-sphynx.com

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 13

 

Neste último directo de Twitch de ApuntamentoLusófono, Esther e Rodrigo falaron da interlingua con Carlos Valcárcel. Ademais cantaron o ’Pisca pisca’ e ata lles deu tempo de facer a versión portuguesa do viral de TikTok do lambecricas!

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS?

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS?

A micoloxía é a ciencia que estuda os fungos. Os micólogos pescudan a taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.

Un cogomelo é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. A época na que se fan visíbles en superficie é, para a maior parte deles, o outono, estación na que nos atopanos, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa.

Cada vez máis, a recollida de cogomelos para o consumo, está a proliferar. Hai que recordar que só debemos recoller aquelas especies que sen dúbida algunha coñezamos ben. Sempre hai que ir á máxima seguridade e ante a dúbida consultar con algún experto. E sempre, cesta e navalla como compañeiras da viaxe.

Pois ben, imos poñer a proba os teus coñecementos sobre os cogomelos. Anímaste?

Pois empezamos, cunha cuestión previa!

1. Completa correctamente con: himenio, sombreiro, micelio, volva, anel, pe, láminas.

 

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e fungiturismo.com

#DígochoEu: Catro historias: "mocos"?, "antiedade"?, "juégatela"?, "axudarte" ou "axudarche"?

 

Os seguidores de TikTok do #DígochoEu non son os únicos que teñen moitas dúbidas! Nos stories da conta de Instagram (@digochoeu.tvg) tamén están deixando moitas preguntas. Se tedes algunha correde aos destacados escribila!

#DígochoEu: Non digas "estou *estreñido!"

 

En galego non estamos *estreñidos porque tampouco vale o verbo *estreñir! Neste capítulo, Esther Estévez tráenos varias opcións para dicilo correctamente.

#DígochoEu 

Aprende a dicir #DígochoEu en lingua de signos

 

Os do #DígochoEu preguntáronlles aos seus seguidores de Instagram que expresións lles gustaría saber dicir en lingua de signos. Pois aí vai unha escolla de todas as propostas coa axuda da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia!  

#DígochoEu: Non digas que o cristal está *empañado!

 

Para esta expresión castelá, Esther Estévez tráenos unha chea de sinónimos en galego. Toma nota!

#DígochoEu