Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'patacas fritidas' ou 'fritas'? Que significa xaxún?

 

Cantas dúbidas xorden no TikTok!  Sabes o que significa a palabra ’xaxún’? Que é mellor? Dicir ’patacas fritidas’ ou ’patacas fritas’? Dálle aí e sairás de dúbidas.

#DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) VIII

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é O cura vermello. Antonio Lucio Vivaldi​ (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xullo de 1741), coñecido como Antonio Vivaldi, foi un compositor, violinista, impresario, profesor e sacerdote católico veneciano do Barroco. Era alcumado Il prete rosso (O cura vermello) por ser sacerdote e con pelo roxo. Considéraselle un dos máis grandes compositores barrocos, a súa influencia durante a súa vida estendeuse por toda Europa e foi fundamental no desenvolvemento da música instrumental de Johann Sebastian  Bach. A súa mestría reflíctese en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época.​ Compuxo unhas 770 obras, entre as cales se contan máis de 400 concertos, para violín e unha variedade doutros instrumentos musicais, e preto de 46 óperas. É especialmente popular como autor da serie de concertos para violín e orquestra As catro estacións. Como curiosidade, Champiñonciño era como chamaban os seus amigos a Franz Schubert.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. En que ano estreouse Metropolis, o clásico de ciencia ficción de Fritz Lang?

- 1924

- 1927

- 1931

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) VII

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Supresión dun fonema ou de varios ao comezo dunha palabra. Un exemplo sería: Ás veces dise ‘tiven’ por aférese de ‘estiven’. 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Con que alcume se coñecía a Antonio Vivaldi?

- O cura vermello

- Champiñonciño

- O encantador

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas correduría de seguros

 

Sabías que en galego non temos ningunha palabra acabada en -uría

 #DígochoEu

#DígochoEu: Feliz día das Letras Galegas 2021!

 

Hoxe é o Día Das Letras Galegas 2021 e o #DígochoEu tamén se suma á festa! E faino cun xogo sobre literatura galega e cunha reportaxe sobre Anik Nandi, un investigador indio que se namorou do galego.

#DígochoEu 

#DígochoEu: Non digas *o árbol

 

Nin *o árbol nin *os árboles! Aquí hai dous erros, sabes cales son? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu 

 

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) VI

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Teoría do cerebro triúnico. Segundo Paul D. MacLean (1913-2007), no seu libro The Triune Brain in Evolution, o noso cerebro actual é a sumatoria dun proceso de superposición de capas, as cales foron aparecendo consecuentemente co pasar dos milenios e acomodáronse unha sobre a outra, pero sen que as anteriores deixasen de existir. Así, esta teoría afirma que cada unha das devanditas estruturas posúe unha lóxica de funcionamento individual propia, e moi distinta á das outras capas, tendo en cuenta que as capas superiores son as máis evolucionadas. Segundo a mesma, o cerebro tería tres niveles: sistema reptiliano, sistema límbico e a neurocodia.    

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Moita xente utilízaa a diario pero, sabes que é unha aférese?

- É unha expresión breve que resume unha observación xeral ou un principio moral.

- É a supresión dun fonema ou de varios ao comezo dunha palabra.

- É a repetición do mesmo son consoante en secuencia.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, psicologiaymente.com e gl.wikipedia.org

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) V

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Formiga Siafu. Siafu (Dorylus) é o nome dunha formiga africana, a mais  mortifera do mundo, que chega a matar a mais xente que todos os leóns e hienas xuntos, xa que iste tipo de formiga lexionaria conta cun exército de depredadoras que pode conter ata 20 millóns de formigas.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que nome recibe a teoría proposta polo  neurocientífico Paul MacLean sobre o cerebro?

- Teoríado cerebro reptiliano

- Teoría do cerebro evolutivo

- Teoría do cerebro triúnico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, ecured.cu e gl.wikipedia.org