Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 24)

 

Continuamos aprendendo normas sobre fonética. Toma nota!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *produxo

 

En galego, o verbo producir é regularciño de todo, así que nada de *produxo nin *produxera!

 #DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) IV

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Balder. Este deus nórdico é o segundo fillo de Odín e Frigg, casou con Nanna e con ela tivo a Forseti. Tamén é coñecido como Baeldaeg.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Que colonia de formigas pode comerse ata 100.00 animais de presa por día?

- Formiga Siafu

- Formiga Bulldog

- Formiga de lume

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) III

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Cando un soldado atravesouno cunha espada. Aínda que a súa morte é controvertida, dise que morreu durante o sitio de Siracusa (214-212 a. C.), cando foi asasinado por un soldado romano. Por que motivo? Ao parecer Arquímedes estaba a resolver un problema matemático e non quixo acudir ao encontro do xeral Marco Claudio Marcelo, polo que o soldado, enfurecido, cravoulle a espada, a pesar de que existían ordes de que non se lle fixese ningún dano.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal era o deus viquingo da luz e da verdade?

- Forseti

- Andhrimnir

- Balder

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu​: Un par de dúbidas: 'callejear'? 'aletear'?

 

Imos con outro par de preguntas que nos fixeron na conta de TikTok do #DígochoEu. Como se di *callejear en galego? E *aletear?

CÓTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) II

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Lago Baikal.Cunha profundidade máxima de 1.642 m é o lago máis profundo do mundo, sendo tamén o lago que máis auga doce contén, arredor do 22-23% da auga doce mundial non conxelada (23.615,39 km3). É un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Arquímedes morreu...

- Cando un soldado atravesouno cunha espada

- Cando inxeriu unha poción coñecida como cantárida

- Cando unha aguia deixou caer unha tartaruga sobre el, matándoo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu:​ Non digas *taxante

 

En galego temos o verbo taxar, pero non hai nada *taxante. Esther Estévez Casado acláranolo!

 #DígochoEu

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE)

CÓCTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE)

Retomo a serie CÓCTEL DE SABERES, que tivo a súa primeira parte en maio de 2019, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas. Este cóctel leva: química, astronomía, bioloxía, física, xeografía, xeoloxía, música, arte, deportes... Iso si, con preguntas un chisco máis difíciles!

E sen máis dilación comezamos!

1. Cal é o lago máis profundo do mundo?

- Lago Baikal

- Lago Titicaca

- Lago Victoria

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es            Imaxe: listas.20minutos.es