Blogia
vgomez

CÓTEL DE SABERES (SEGUNDA PARTE) II

Continúo co segunda parte da serie CÓCTEL DE SABERES, na que se pertende poñer a proba os teus coñecementos xerais sobre distintas disciplinas.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Lago Baikal.Cunha profundidade máxima de 1.642 m é o lago máis profundo do mundo, sendo tamén o lago que máis auga doce contén, arredor do 22-23% da auga doce mundial non conxelada (23.615,39 km3). É un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Arquímedes morreu...

- Cando un soldado atravesouno cunha espada

- Cando inxeriu unha poción coñecida como cantárida

- Cando unha aguia deixou caer unha tartaruga sobre el, matándoo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios