Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ANATOMÍA?

CANTO SABES DE ANATOMÍA?

A anatomía é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de animais ou plantas. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

Seguro que na túa vida estudaches algús aspectos da anatomía humana nas Ciencias da Natureza, Bioloxía, E. Física... Pero acórdaste de todo? Pois ben, propóñoche un repaso ou unha posta o día desta manteria, nesta serie que hoxe comezamos.

Anímaste? Pois empezamos!

1. Cal é a arteria máis grade do noso corpo?

- Carótide

- Femoral

- Aorta

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org        Imaxe 1: institut-igem.com

#DígochoEu​: Non digas *pinchazo

 

En galego non podemos recibir un *pinchazo. O verbo ’pinchar’ si que existe pero só se pode empregar en dous contextos en concreto. Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu​  

#DígochoEu:​ Non digas *contraseña

 

En galego non temos *contraseñasEsther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu​: Non digas *enemistar

 

En galego podemos ter inimigos, pero non existen os verbos *enemistar nin *inimistarEsther Estévez Casado dinos as alternativas!

#DígochoEu

#DígochoEu:​ Mellor non digas amistoso

 

Hoxe Esther Estévez Casado vén con outra palabriña que a RAG considera menos recomendable. Contámosche outras formas de dicir ’amistoso’!

#DígochoEu

#DígochoEu:​ O máis viral do TikTok (capítulo 16)

 

Á beiriña mesmo dos 100.000 seguidores, aquí tes outra boa restra de vídeos virais da conta de Tiktok do #DígochoEu.

#DígochoEu:​ Non digas *axetreo

 

Cando fas algo con apuro non tes *axetreo. En galego temos outra palabra para referirnos a iso! Esther Estévez Casado dínola.

#DígochoEu

#DígochoEu:​ Mellor non digas xabarín

 

Sabías que a palabra ’xabarín’ está na lista de termos menos recomendables da RAG?  No capítulo de hoxe Esther Estévez Casado dinos outras formas de dicilo!

#DígochoEu