Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ANATOMÍA? V

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Fígado. É un órgano vital presente nos vertebrados e nalgúns outros animais, no ser humano constitúe a maior glándula do corpo humano. Localízase no canto dereito superior do abdome, baixo o diafragma, e o seu peso aproximado é de case 1,5 kg no home adulto e un pouco menos na muller; en cativos é proporcionalmente maior, pois constitúe 1/20 do peso total dun recentemente nacido. Funciona como glándula exócrina, isto é, libera secrecións en sistema de canais que se abren nunha superficie externa ou interna. Actúa tamén como glándula endócrina, unha vez que tamén libera substancias no sangue ou nos vasos linfáticos.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cantas vértebras ten o corpo humano?

- 26

- 33

- 39

- 45

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

#DígochoEu​: Non digas *escalofriante nin *escalofrío

 

Se tes frío ou medo non tes *escalofríos. Esther Estévez Casado contános que palabras podes usar en galego para cada situación!

#DígochoEu

#DígochoEu:​ Non digas *bozal

 

Hai unha chea de palabras en galego para substituír o castelanismo *bozal! Esther Estévez Casado dínolas.

 #DígochoEu

CANTO SABES DE ANATOMÍA? IV

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Fémur. É o óso máis longo e máis voluminoso do corpo humano, e localízase na coxa. Tamén é o óso máis resistente. O fémur consiste nunha diáfise central, na epífise proximal que se prolonga, a través dun pescozo, até unha cabeza (esférica), articulando co óso do cadril, e na epífise distal que se divide en dous cóndilos, que se ligan á tibia e á rótula. Unha persoa de 1,80 m ten un fémur de aproximadamente 50 cm.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o único órgano que pódese rexenerar?

- Cerebro

- Corazón

- PulMóns

- Fígado

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

CANTO SABES DE ANATOMÍA? III

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Epiderme. Está situada encima da segunda capa da pel, chamada derme. Trátase dun epitelio estratificado escamoso ou pavimentoso,   composto por células chamadas queratinocitos, que están mortas na parte superior da epiderme e que proliferan na parte inferior. Actúa como unha eficaz barreira protectora contra a penetración de patóxenos no organismo, facendo da pel unha barreira natural contra a infección. Tamén regula as perdas de auga do corpo cara á atmosfera por medio da perda de auga transepidérmica, que ten escaso control fisiolóxico (distinta da suoración).

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Como se chama iste óso?

- Fémur

- Tibia

- Peroné

- Úmero

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

#DígochoEu:​ Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 20)

 

Saberías pronunciar ben "Manolo está tolo e ten un polo e un bolo no colo"? Pois moita tranquilidade! Aquí tes a resposta da man de Esther Estévez Casado.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *alambrada nin *inalámbrico

 

Estas palabras teñen un castelanismo en común: *alambre. Esther Estévez Casado cóntanos como dicilo correctamente en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANTOMÍA? II

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aorta. De 3 centímetros de diámetro e 50 de lonxitude, vai desde o ventrículo esquerdo do corazón ata a rexión xenital. Dela parte o resto de arterias, que se encargan de transportar o sangue que osixena o organismo. Con todo, non é o vaso sanguíneo máis longo. Esta plusmarca tena a vea safena magna, que percorre as pernas e mide preto de 70 centímetros nunha persoa de altura media.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Como se chama a capa superficial da pel?

- Hipoderme

- Epiderme

- Derme

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com, gal.wikipedia.org e muyinteresante.es