CANTO SABES DE ANATOMÍA? IV
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Fémur. É o óso máis longo e máis voluminoso do corpo humano, e localízase na coxa. Tamén é o óso máis resistente. O fémur consiste nunha diáfise central, na epífise proximal que se prolonga, a través dun pescozo, até unha cabeza (esférica), articulando co óso do cadril, e na epífise distal que se divide en dous cóndilos, que se ligan á tibia e á rótula. Unha persoa de 1,80 m ten un fémur de aproximadamente 50 cm.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Cal é o único órgano que pódese rexenerar?
- Cerebro
- Corazón
- PulMóns
- Fígado
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios