Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu:​ Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 21)

 

Velaquí un novo capítulo sobre fonética! Que pasa coas palabras acabadas en -la, -le, -lo que levan antes outra consoante?

#DígochoEu

#DígochoEu:​ Non digas *arcén

 

Nas estradas galegas non temos *arcéns! Esther Estévez Casado cóntanos como se di correctamente en galego

 #DígochoEu

CANTO SABES DE ANATOMÍA? VIII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Humor acuoso. É un líquido incoloro que se atopa entre as cámaras anterior e posterior do ollo. Serve para nutrir e osixenar as estruturas do globo ocular que non teñen achega sanguínea, como a córnea e o cristalino. Se a presión do humor acuoso elévase, prodúcese unha enfermidade coñecida como glaucoma.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o maior músculo do corpo humano?

- Sartorio

- Dorsal ancho

- Bíceps

- Glúteo maior

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

#DígochoEu:​ Non digas *encía

 

Non temos *encías en galego! Esther Estévez Casado cóntanos cal é a palabra correcta neste episodio!

 #DígochoEu

CANTO SABES DE ANATOMÍA? VII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é A primeira porción do intestino delgadoÉ a parte do intestino delgado que conecta o estómago co xexuno. Está situado na parte posterior e superior​ do abdome, no retroperitoneo, sendo a única porción do intestino delgado que se atopa fixo, e está formado totalmente por músculo liso. Comeza no píloro á altura de L1 (límite proximal), a abertura da parte inferior do estómago pola que baleira o seu contido no intestino. Termina na flexura duodenoxexunal á altura de L2 (límite distal), que o separa do xexuno.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Como se chama o fuído claro e húmido que está situdo destras da córnea?

- Humor vítero

- Humor acuoso

- Humor cristalino

- Humor ocular

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

#DígochoEu:​ Un par de dúbidas: 'bayeta'? 'dar xabón'?

 

Hoxe resolvemos un par de dúbidas que nos preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu Como se di ’bayeta’ en galego? É correcta a expresión ’dar xabón’?

CANTO SABES DE ANATOMÍA? VI

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é 33Nos seres humanos hai 33 vértebras durante a etapa  fetal e na nenez (7 cervicais + 12 torácicas + 5 lumbares + 5 sacras + 4 do cóccix), e durante a etapa adulta, só hai 24 debido a que os ósos do sacro e o cóccix únense converténdose nun óso cada un. ​Cada unha delas atópase separada da inmediata inferior por medio dun disco vertebral, exceptuando as 5 vértebras do sacro e as 4 do cóccix, debido á súa unión.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que é o duodeno?

- A parte do intestino groso que se une ao estómago

- O intestino delgado

- A última parte do estómago

- A primeira porción do intestino delgado

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org

#DígochoEu:​ É o mesmo tentar que intentar?

 

Tentar e intentar son dous verbos galegos, pero significan o mesmo? Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu