#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'oler' e 'cheirar'?
Hoxe Esther Estévez Casado resolve un par de dúbidas que preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu. Pódese dicir ’oler’ e ’cheirar’ en galego?
Hoxe Esther Estévez Casado resolve un par de dúbidas que preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu. Pódese dicir ’oler’ e ’cheirar’ en galego?
*Asco e *asqueroso son castelanismos! Esther Estévez Casado cóntanos como se di correctamente en galego!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é O+. A distribución dos grupos sanguíneos na poboación humana non é uniforme. O máis común é O+, mentres que o máis escaso é AB–. O donante universal é o O- e o receptor universal é o AB+.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o maior órgano do corpo humano?
- Fígado
- Pulmóns
- Pel
- Cerebro
Mañá a solución e unha nova pregunta
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
En galego non nos *atragantamos! Esther Estévez Casado dinos varias alternativas para dicilo correctamente!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ventrículos. O corazón no ser humano está dividido en catro cavidades: dúas superiores, a aurícula dereita e a aurícula esquerda, e dúas inferiores, o ventrículo dereito e o ventrículo esquerdo. A aurícula esquerda comunica co ventrículo esquerdo por medio da válvula mitral e a aurícula dereita comunica co ventrículo dereito por medio da válvula tricúspide. Cada ventrículo recibe sangue da aurícula do seu mesmo lado e a impulsa a unha arteria: as arterias pulmonares, no caso do ventrículo dereito, e a aorta, no caso do ventrículo esquerdo.
E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o gupo sanguíneo máis común?
- B+
- B-
-A+
- A-
- O-
- O+
- AB-
- AB+
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Glúteo maior. O esqueleto humano adulto está constituído por polo menos 206 ósos, podendo chegar o seu número nalgunhas persoas, incluíndo os ósos wormianos, tipicamente aos 210. No lactante e o neno hai que sumar ademais 3 ou 4 vértebras sacras, que posteriormente fúndense no sacro, de 3 a 5 vértebras coccíxeas, que logo fúndense no cóccix, e o ilio, isquion e pube, que no adulto están fusionados no coxal.
E imos coa pregunta de hoxe!

10. Como se chaman as dúas cámaras inferiores do corazón humano?
- Aurículas
- Ventrículos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org Imaxe: partesdel.com
En galego non temos *migrañas. Esther Estévez Casado cóntanos como se chaman as dores fortes de cabeza neste capítulo!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Glúteo maior. É un músculo do membro inferior, Sitúase na rexión posterior da pelve. As súas fibras dispóñense de maneira descendente. Consta de dous planos, un superficial e outro profundo. Ten unha forma grosa e ancha, romboidal. Achega a parte principal da masa visible no traseiro e o seu tamaño é clave na función de extensión e rotación lateral da cadeira, así como de como manter a postura do corpo.
E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cantos ósos ten o corpo dun humano adulto?
- 114
- 206
- 212
- 300
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org