CANTO SABES DE ANATOMÍA? X
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Glúteo maior. O esqueleto humano adulto está constituído por polo menos 206 ósos, podendo chegar o seu número nalgunhas persoas, incluíndo os ósos wormianos, tipicamente aos 210. No lactante e o neno hai que sumar ademais 3 ou 4 vértebras sacras, que posteriormente fúndense no sacro, de 3 a 5 vértebras coccíxeas, que logo fúndense no cóccix, e o ilio, isquion e pube, que no adulto están fusionados no coxal.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Como se chaman as dúas cámaras inferiores do corazón humano?
- Aurículas
- Ventrículos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org Imaxe: partesdel.com
0 comentarios