DISCIPLINA POSITIVA
"Que é educar? Creo que temos demasiada información e demasiadas expectativas. Esquecéusenos a mirada desde a curiosidade e non facemos caso ás nosas intuicións, que realmente están aí. Desde onde educamos e para que educamos é o que van recibir os nosos fillos. Que queremos? Que os nosos fillos sintan que nos preocupamos por eles ou que nos ocupamos deles?". María Soto é considerada unha das máximas representantes da Disciplina Positiva en España, unha metodoloxía que aposta por unha crianza baseada na firmeza e a amabilidade, onde os límites establécense sen usar premios nin castigos.
Despois de estudar Logopedia e Psicoloxía, María Soto certificouse como facilitadora para impartir talleres e cursos sobre Disciplina Positiva, que desenvolveu no seu proxecto e libro, ’Educa Bonito’, con consellos e ferramentas para unha crianza e educación baseadas no respecto mutuo. "A sociedade, a ciencia, a tecnoloxía cambiaron, pero as ’frases de nai’ seguen sendo as mesmas. Os valores, os principios morais non deben cambiar, pero si debemos revisar como ensinalos, porque estamos a educar á xeración do século XXI con ferramentas educativas do século anterior", conclúe a autora.
0 comentarios