Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XXIII (FIN)

Remato coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 4.550 millóns de anos. A Terra  primixenia formouse pola colisión e fusión de fragmentos de rochas máis pequenos, dos denominados planetesimais. Por iso, os elementos da Terra primixenia debían estar repartidos dun modo relativamente homoxéneo. Pero esta homoxeneidade debeu cambiar: a Terra foise quentando por causa das desintegracións radioactivas, pola crecente presión no seu interior e, ademais, polo bombardeo de partículas procedentes do Universo. Isto levou finalmente á fusión do ferro, que como elemento líquido máis pesado afundiuse no centro da Terra primixenia e formou o núcleo terrestre. Tras o arrefriado da codia terrestre externa apareceron os primeiros continentes. A vida xurdiu uns mil millóns de anos despois. A atmosfera e outras condicións abióticas foron alteradas de forma significativa pola biosfera do planeta, favorecendo a proliferación de organismos aerobios, así como a formación dunha capa de ozono que xunto co campo magnético terrestre bloquean a radiación solar daniña, permitindo así a vida na Terra.

E así rematamos con esta serie, que só pretendeu recordar e coñecer algúns aspectos importantes desta materia tan interesante.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia, wikipedia.org e sgm.gob.mx     Imaxe: okdiario.com

#DígochoEu:​ Un par de dúbidas: 'tornillo'? 'tuerca'?

 

Hoxe toca resolver un par de dúbidas de dous seguidores da conta de Tik Tok do #DígochoEu moi interesados en cuestións de bricolaxe. 

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XXII

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Os organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles. Entre os obxectivos da paleontoloxía están, ademais da reconstrución dos seres vivos que viviron no pasado, o estudo da súa orixe, dos seus cambios no tempo (evolución e filoxenia), das relacións entre eles e coa súa contorna (paleoecoloxía, evolución da biosfera), da súa distribución espacial e migracións (paleobioxeografía), das extincións, dos procesos de fosilización (tafonomía) ou da correlación e datación das rochas que os conteñen (bioestratigrafía).

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

22. A Terra formouse hai aproximadamente...

- 3.550 millósn de anos

- 4.000 millóns de anos

- 4.550 millóns de anos

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org      Imaxe: timetoast.com

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'habelas hailas'? 'orégano'?

 

Hoxe Esther Estévez Casado resólvenos un par de dúbidas que preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu. É correcto dicir ’habelas hailas’? Como se di ’orégano’ en galego?

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XXI

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 10.900 metros. Chamado tamén fosa de Challenger​ ou sima de Challenger,​ é o punto máis profundo coñecido na hidrósfera dos fondos mariños da Terra, cunha profundidade de 10.902 a 10.929 metros. Atópase no océano Pacífico, no extremo sur da fosa das Marianas, preto do grupo das illas Marianas. Foi nomeada na honra ao barco da Mariña Real Británica HMS Challenger, que participou no descubrimento da fosa en 1875.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. A paleontoloxía é unha área de coñecemento dentro da Xeoloxía que estuda:

- Os procesos xeolóxicos externos

- Os procesos xeolóxicos externos e internos

- Os organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles

Mañá a solución e última pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org      Imaxe: diariovasco.com

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'hojalata'? 'voltar'?

 

Hoxe Esther Estévez Casado resólvenos un par de dúbidas que nos preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu. Como se di ’hojalata’ en galego? É correcto ’voltar’?

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XX

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Fracturas con desprazamento.En xeoloxía, unha falla é unha fractura, xeralmente plana, no terreo ao longo da cal deslizáronse os dous bloques o un respecto ao outro. Prodúcense por esforzos tectónicos, incluída a gravidade e empuxes horizontais, actuantes na codia. A zona de ruptura ten unha superficie amplamente ben definida denominada plano de falla, aínda que pode falarse de banda de falla cando a fractura e a deformación asociada teñen unha certa anchura.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Canto mide (redondeando) o abismo de Challemger, o punto máis profundo coñecido da hidrosfera terrestre?

- 10.900 metros

- 12.900 metros

- 11.500 metros

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org      Imaxe: goconqr.com

#DígochoEu: Non digas *timar

 

Sabías que en galego non nos poden *timar? Ese verbo é incorrecto. E como non nos poden *timar, tampouco podemos ser vítimas dun *timo. Esther Estévez Casado danos as alternativas.

#DígochoEu