CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XXI
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é 10.900 metros. Chamado tamén fosa de Challenger ou sima de Challenger, é o punto máis profundo coñecido na hidrósfera dos fondos mariños da Terra, cunha profundidade de 10.902 a 10.929 metros. Atópase no océano Pacífico, no extremo sur da fosa das Marianas, preto do grupo das illas Marianas. Foi nomeada na honra ao barco da Mariña Real Británica HMS Challenger, que participou no descubrimento da fosa en 1875.
E imos coa pregunta de hoxe!
21. A paleontoloxía é unha área de coñecemento dentro da Xeoloxía que estuda:
- Os procesos xeolóxicos externos
- Os procesos xeolóxicos externos e internos
- Os organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles
Mañá a solución e última pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org Imaxe: diariovasco.com
0 comentarios