#DígochoEu: Cantas vogais hai en galego? 5, 7 ou 10?
No capítulo de hoxe, Esther Estévez Casado resólvenos unha dúbida bastante frecuente! Cantas vogais hai en galego?
#DígochoEu
No capítulo de hoxe, Esther Estévez Casado resólvenos unha dúbida bastante frecuente! Cantas vogais hai en galego?
#DígochoEu
No anterior capítulo falabamos de que en galego non hai *madastras nin *padastros. Pois no de hoxe Esther Estévez Casado explícanos que tampouco hai *irmanastros!
#DígochoEu
Neste capítulo imos aprender, da man de Esther Estévez Casado, como son en galego as familias reconstituídas!
#DígochoEu
A beleza asolaga o discurso de Carmen Guaita cando fala de educación. As palabras desta escritora e mestra xubilada están cheas de amor por unha profesión á que dedicou máis de corenta anos. En realidade, toda unha vida. “Sendo nena facíame moi feliz contar e transmitir o que eu aprendera, se lle preguntas ao meu irmán pequeno traíao fritido a explicacións e exercicios”, relata Guaita con característica alegría. A alquimia, asegura a educadora, produciuse grazas ao seu profesores universitarios da ESCUNI.
Esta mestra, Licenciada en Filosofía, profesa un intenso querer polo ensino público. Un amor que exportou fóra da clase: foi vicepresidenta do sindicato de profesores ANPE, membro do Consello Escolar do Estado, da Comisión de Arbitraxe, Queixas e Deontología da Prensa, e da comisión EDUC que asesora ao Consello de Europa. “Son unha mestra xubilada, pero xubilada é só un adxectivo”, apunta Guaita.
Acaba de ausentarse das aulas pero non se separa da tarefa educativa. Carmen Guaita exerce actualmente como titora na Universidade de Pais, en Escolas de Pais e na plataforma ‘Educar é todo’. Como escritora publicou dez ensaios sobre ética, interioridade e educación entre os que se atopan ‘Contigo aprendín’, ‘Cronos vai á miña clase’ ou ‘O que os meus alumnos ensináronme’. Tamén é autora de catro novelas e da biografía de Víctor Ullate, ‘A vida e a danza’.
Esta inquieta mestra complementa a súa activa carreira co blogue ‘A sala de profesores’ e forma parte do consello de redacción de Cadernos de Pedagoxía e da ONGD Delwende, que sostén proxectos educativos en África, Asia e América Latina. Guaita, recorre ao poema ’Isto é amor’ de Lope de Vega para definir o seu traballo: “Ser mestra é a profesión máis bonita do mundo. Quen o probou, sábeo”.
Remato con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é 100.000. Ás veces as aparencias enganan. Coa area do deserto ocorre como coa area de praia: que non é todo area. Na primeira podemos atopar que unha gran porcentaxe pertence aos diminutos pedazos dos caparazóns e cunchas de miles de organismos mariños. Do mesmo xeito nun metro cadrado de area do deserto pode chegar a haber 100.000 sementes de plantas de diferentes especies esperando a que se dean as condicións idóneas para brotar.
Quedan centos de preguntas sobre botánica. Isto só foi un apaeritivo, polo que noutro momento continuará. Ata daquela!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es Imaxe: viajes.nationalgeographic.com.es
Ás veces, cando se xuntan dúas vogais en galego, xorde a maxia! É o que vas comprobar da man de Esther Estévez Casado no capítulo de hoxe.
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é General Sherman. É unha sequoia xigante situada dentro do Parque Nacional da Sequoia en California, nos Estados Unidos de América. É a meirande árbore do mundo e tamén o organismo vivo máis grande que existe. A finais do século XIX, o naturalista James Wolverton bautizou co nome diste xeneral, militar estadounidense baixo cuxas ordes servira durante a guerra civil americana. Cun diámetro de máis de 11 metros, a súa idade está estimada en 2.200 anos.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

25. E para rematar, un dato fascinante. Sabes cantas sementes contén un metro cadrado de area do deserto?
- 10
- 1.000
- 10.000
- 100.000
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: nationalgeographic.com.es