Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XIII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Fototropismo. As plantas responden fronte a estímulos externos mediante movementos, así un deles e o máis importante é o  fototropismo. Iste é unha resposta que se relaciona coa dirección do estímulo. Cada parte dela responde de distinta forma a este estímulo. No caso do talo, obsérvase un fototropismo positivo, porque este medra cara á fonte luminosa. A raíz, en cambio, non necesita da luz, por tanto presenta un fototropismo negativo. Nas follas, apréciase unha reacción moi interesante. Estas adoptan diferentes posicións, que lle permiten captar mellor a luz do Sol. Dise que presentan  plagiofototropismo, debido ao crecemento que levan a cabo, con certa inclinación.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Sabes que planta é coñecida como a "planta cadáver" e ten unha das  inflorescencias máis grandes do mundo?

- Gigantum florum

- Amorphophallus titanum

- Enormopetalum rosaceus

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 8)

 

Xa conseguimos que o termo ’zorra’ sexa o máis buscado no dicionario da RAG! Pero o asunto xerou máis vídeos en TikTok que non deberías perder... Ah! E alí Esther Estévez Casado tamén segue resolvendo as vosas dúbidas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A BOTÁNICA? XII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Verdadeiro. En botánica, estolón é un rebento lateral, normalmente magro, que agroma na base do talo dalgunhas plantas herbáceas e que medra horizontalmente a rentes do chan, de xeito perpendicular ao chan ou subterránea (rebento de raíz). Teñen entrenós longos e curtos alternados que xeran raíces adventicias. Son moi coñecidos os estolóns das amorodeiras, os trevos e os clorofitos ou grabatiñas. A separación destes segmentos enraizados dá lugar a plantas fillas.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. O tropismo no que as raíces das plantas medran cara a luz chamase...

- Nastias

- Gravitropismo

- Hidrotropismo

- Fototropismo

Mañá a solición e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 14)

 

Esther Estévez Casado volve cos capítulos de fonética! Sabías que hai unha regra para todos os xentilicios acabados en -ego ou -ega menos un? 

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *bocadelo de *tortela

 

Neste capítulo Esther Estévez Casado proponnos un xogo: adiviñar cal destas palabras é correcta en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XI

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Soros. Un soro é unha agrupación de esporanxios no bordo ou no envés dunha fronde fértil. En moitas especies, están protexidos por unha cuberta chamada indusio. Os soros fórmanse na xeración de esporófitos, os esporanxios dentro producen medioesporas haploides . Ao madurar os esporanxios, o indusio murcha e as esporas aínda non poden liberarse até que o esporanxio se destrúe.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Os estolóns son talos subterráneos que medran horizontalmente sobre o chan. A medida que crecen estes talos desenvolven raíces que dan lugar a unha nova planta. Un exemplo de reprodución deste tipo son os amorodos.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: horagalega.eu

 

#DígochoEu: Non digas *xeralizado

 

Sabes distinguir entre xeral e xeneral? Esther Estévez Casado explícanolo neste capítulo e tamén a forma correcta de dicir *xeralizado!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? X

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Anxiospermas. Agrupan as plantas con flores, caracterizadas por ter os óvulos dentro dun ovario pechado que, ao madurar, dá un froito que contén a semente.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. No envés dos fentos hai uns saquitos cheos de esporas chamados...

- Coros

- Poros

- Soros

- Loros

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe:wikipedia.org