Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *zarigüeya

 

Temos un problema! *Zarigüeya non existe en galego. Como lle chamamos entón a este animaliño? Esther Estévez Casado danos as alternativas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XVII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Acivro. Ou xardón (Ilex aquifolium) é unha arboriña ou arbusto perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades, adoito con follas bordeadas de amarelo (formas variegadas).

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Anteriormente falamos da planta coa maior inflorescencia do mundo: Amorphophallus titanum. Saberías agora dicir cal é a planta coa flor máis grande do mundo?

- Florichi enormun gigantum

- Rafflesia arnoldii

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Aprende a facer a cama en galego!

 

Pero será posible? Que ten que vir Esther Estévez Casado ensinarvos a facer a cama? Veña, tomade nota!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XVI

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Matusalén. Iste é o sobrenome dado a un  Pinus longaeva, considerado como o segundo organismo non clonado máis antigo con vida, cunha idade estimada de máis de 4.850 anos. O primeiro é unha árbore sen nome da mesma especie que ten 5.068 anos.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Identifica iste arbusto a patir da fotografía.

- Visgo (Viscum album)

- Acivro (Ilex aquifolium)

- Flor de espiño (Pyracantha coccinea)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: caminodosfaros.com

#DígochoEu: Non digas *tiritar

 

Castelanismo á vista! *Tiritar. Hoxe ademais facemos un 2x1 polo mesmo prezo! Esther Estévez Casado resólvenos como se di *tirita!

#DígochoEu

CANTO SABES DOBRE BOTÁNICA? XV

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Quercus robur. O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. Esténdese por zonas de clima atlántico en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, desde o nivel do mar ata os 1.000 metros de altitude. É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40 metros de altura con pólas que comezan xa desde a parte inferior. Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é denoninado carballeira. Se se mesturan outras especies de clima atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior de Galicia.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Sabes con que nome se coñece á árbore viva máis vello do mundo?

- Matusalén

- Adán

- O vello piñeiro do Ancient Bristlecone Pine Forest, en White Mountains

Mañá a soulción e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas armario *empotrado

 

En galego non temos armarios *empotrados porque tampouco temos *potros! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XIV

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Amorphophallus titanum. Coñecida como aro xigante ou bunga bangkai (do indonesio, flor cadáver) Amorphophallus titanum é unha planta que produce a inflorescencia, en forma de espádice, máis grande do mundo. Ademais do seu extraordinario tamaño, posúe outra característica única: desprende un fétido cheiro a carne podrecida, polo que se lle coñece como "flor cadáver". A función deste desagradable aroma é a de atraer insectos polinizadores.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Á vista da imaxe, de que árbore estamos a falar?

- Quercus alba

- Quercus ilex

- Quercus robur

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: caminodosfaros.com