Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XVI

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Matusalén. Iste é o sobrenome dado a un  Pinus longaeva, considerado como o segundo organismo non clonado máis antigo con vida, cunha idade estimada de máis de 4.850 anos. O primeiro é unha árbore sen nome da mesma especie que ten 5.068 anos.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Identifica iste arbusto a patir da fotografía.

- Visgo (Viscum album)

- Acivro (Ilex aquifolium)

- Flor de espiño (Pyracantha coccinea)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: caminodosfaros.com

0 comentarios