Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 9)

 

Mira todo o que estás perdendo por non ser seguidor do @digochoeu en TikTok!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XXI

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Asociación simbiótica dun fungo e unha alga ou unha cianobacteria. Os liques son unha simbiose: un organismo formado por un fungo (o micobionte) e unha alga ou cianobacteria (o fotobionte).Esta asociación  simbiótica é de carácter excepcional na natureza, distínguese porque os seus compoñentes poden recoñecerse mutuamente e interactuar na biosíntesis de substancias exclusivas á simbiose. A vantaxe para o fungo é que recibe os produtos  fotosintéticos finais do alga (glúcidos simples). A vantaxe para o alga podería ser o abastecemento da auga e o CO2 da respiración do fungo.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. O que ves na fotográfía é unha piña dun piñero. Pero en realidade que é?

- Unha flor

- Un froito

- Un estróbilo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: imnovation-hub.com/es

#DígochoEu: Como é? Viuse abaixo ou veuse abaixo?

 

Antes de resolver esta dúbida hai que distinguir entre viuse e veuse! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XX

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Micoloxía. Esta ciencia estuda os fungos. Os micólogos pescudan a Taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Como dixemos o día anterior, a botánica é unha rama da bioloxía que estuda as plantas, pero tamén outros organismos emparentados, que non son plantas, como os fungos, pero tamén estuda as cianobacterias, os fungos, as algas e os máis descoñecidos, os liques. Pero que son os liques?

- Asociación simbiótica dun musgo e unha alga

- Asociación simbiótica dun fungo e unha alga ou unha cianobacteria

- Asociación simbiótica dunha planta e un fungo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: blog.gardencenterejea.com

#DígochoEu:Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 15)

 

Que? Apetéceche unha nova dose de fonética dominical? Hoxe Esther Estévez Casado segue con palabras que teñen algunha letra g polo medio, e aquí hai máis variedade entre abertas e pechadas

#DígochoEu 

CANTO SABRES SOBRE BOTÁNICA? XIX

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Tulipáns. A coñecida como a crise dos tulipáns foi, de feito, a primeira gran burbulla económica da historia moderna. A gran prosperidade económica dos Países Baixos, xunto co gusto polas flores, especialmente as exóticas, que se converteron en obxecto de ostentación e símbolo de riqueza, fixeron que os tulipáns convertésense nunha das posesións máis apreciadas. En 1623 un só bulbo de tulipán podíase vender facilmente por 1.000 floríns, mentres que o soldo medio anual dun holandés era de 150 floríns.

E imos coa pregunta de hoxe!

19.  A botánica é unha rama da bioloxía que estuda as plantas, pero tamén outros organismos emparentados, que non son plantas, entre eles os fungos (dos cales adoitamos coñecer a parte visible, os cogomelos). Por certo, como se chama a rama que os estuda?

- Histoloxía

- Micoloxía

- Brioloxía

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: lacasadelassetas.com

#DígochoEu: Como é? Galicia ou Galiza?

 

Galicia ou Galiza? Este asunto foi obxecto de moita controversia durante décadas! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XVIII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Rafflesia arnoldii. O seu nome débese aos seus descubridores para a ciencia Thomas Stamford Raffles e Joseph Arnold. É unha planta parasita do xénero Rafflesia, que se atopa nos bosques húmidos de Indonesia e nas selvas do sueste asiático, e desenvolve a flor máis grande do mundo que pode chegar a medir un metro de diámetro e pesar ata 11 quilogramos.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Sabes que planta provocou no século XVII unha burbulla económica nos Países Baixos?

- Marihuana

- Xeranios

- Tulipáns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es