#DígochoEu: Non digas *Cristóbal Colón
Cos nomes históricos hai moita castelanización encuberta. Esther Estévez Casado repasa o nome en galego dalgunhas figuras históricas.
Cos nomes históricos hai moita castelanización encuberta. Esther Estévez Casado repasa o nome en galego dalgunhas figuras históricas.
En galego existe a palabra bruma como sinónimo de brétema, pero non o verbo *abrumar, ollo! Esther Estévez Casado cóntanos como podemos dicilo na nosa lingua.
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Lebre ibérica. Lepus granatensis é un mamífero lagomorfo endémico da península ibérica. Esta especie tende a ser confundida cos coellos (Oryctolagus cuniculus). Ten tamaño mediano: mide entre 44 e 50 cm posúe garras alongadas e moito pelame cubrindo os seus dedos. É unha especie herbívora e nocturna (de día está xeralmente durmindo). As súas orellas son máis longas que as do coello, poden chegar a medir de 9,3 a 10,5 cm. Normalmente o seu peso é de 1.500 a 2.600 g.
E imos coa pregunta de hoxe!

22. Identifica esta ave.
- Corvo
- Pega
- Gaio
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
Ollo! O verbo *profundizar non é correcto en galego! Pero, coma sempre, hai alternativas e Esther Estévez Casado dínolas!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Pega. De nome científico Pica pica, é un paxaro da familia dos córvidos (corvidae). Vive sobre todo nas proximidades dos asentamentos humanos. A súa plumaxe branca e negra e a súa cola longa fana inconfundible. Miden entre 41 e 51 cm de longo e as ás teñen unha envergadura duns 90 cm. Os machos pesan de media uns 233 gramos; as femias, 203 gramos. Cando están no chan as pegas desprázanse con saltiños, aínda que saben camiñar. Móvense moi axilmente entre as pólas das árbores. O seu voo e ondulante.
E imos coa pregunta de hoxe!

23. Identifica iste pequeno paxaro:
- Xílgaro
- Liñaceiro
- Paporroibo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org Imaxe: avistandoavesenarteixo.blogspot.com
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Arlequín. Zerynthia rumina é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Papilionidae. Debe o seu nome aos motivos e cores das súa ás, que lembran os do traxe do arlequín. É unha bolboreta de tamaño mediano que alcanza unha envergadura de 5 cm. En Europa, unicamente obsérvase na península ibérica e no sueste de Francia.
E Imos coa pregunta de hoxe!

21. Identifica esta imaxe.
- Coello silvestre.
- Lebre ibérica
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
Que nervios! Que me deixarían esta noite os Reis Magos… ou son os ’Reises’ Magos? Esther Estévez Casado acláranolo!