Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA?

A botánica (do grego βοτάνη, ’herba’) ou fitoloxía (do grego φυτόν, ’planta’ e λόγος, ’tratado’) é a rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos, o cal inclúe: descrición, clasificación, distribución, identificación, o estudo da súa reprodución, fisioloxía, morfoloxía, relacións  recíprocas, relacións cos outros seres vivos e efectos provocados sobre o medio no que se atopan.

Hoxe, comezo esta serie para poñer a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina. Atréveste? Si. Pois comezanos!

1. Empecemos polo principio: Sabes cales foron os primeiros "vexetais" que existiron no noso planeta?

- Os fentos

- As microalgas unicelulares mariñas

- Os musgos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es     Imaxe: importancia.org

#DígochoEu: Non digas *pracas de xeo

 

Hai que ter moito coidado coas *pracas de xeo. Pero ollo! En galego esta palabriña é incorrecta! Esther Estévez Casado dinos a alternativa.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *sencillo

 

Temos unha palabra moito máis fácil en galego para referirnos a algo *sencillo! Toma nota do que che di Esther Estévez Casado.

#DígochoEu

XENOMA NUCLEAR E XENOMA MITOCONDRIAL

Representación do xenoma humano en tres dimensións / SISSA

O xenoma é o conxunto de xenes que ten un organismo. Nun organismo hai dous tipos de xenoma, o nuclear e o  mitocondrial. O nome xa fai referencia ao lugar no que se atopa e esa é a primeira diferenza, pero non a única. O ADN nuclear atopámolo dentro do núcleo das células eucariotas, que son as que nos conforman aos animais, as plantas ou os fungos, entre outros. Os nosos organismos están constituídos por células que son a unidade estrutural máis básica. E dentro destas células hai un núcleo que é onde está o ADN nuclear. Fóra do núcleo está o que chamamos citoplasma e nel hai uns elementos aos que chamamos orgánulos. As mitocondrias, que se encargan das funcións de respiración das células, son un deses orgánulos e dentro delas está o xenoma mitocondrial.

O xenoma mitocondrial é unha molécula de pequeno tamaño que ten só entre 16.000 e 17.000 nucleótidos de media en animais vertebrados, aínda que hai diferenzas importantes de tamaño entre distintos organismos, especialmente en plantas e fungos. Os nucleótidos son as bases que compoñen o ADN, poderiamos dicir que son os ladrillos que o forman. Estas bases son adenina (A), citosina (C), timina (T) e guanina (G). E a combinación destas catro bases é o que nos dá a secuencia do ADN. No caso do xenoma nuclear é unha molécula moito maior que, por exemplo, no ser humano ten máis de 3.000 millóns de nucleótidos ou pares de bases. Como ves, é moito maior e o seu tamaño tamén varía significativamente duns organismos a outros, desde uns poucos millóns de nucleótidos nalgúns fungos ata máis de cen mil millóns nalgunhas píntegas, por poñer só un par de exemplos. A variabilidade de tamaño é enorme e non hai relación directa entre o tamaño do xenoma nuclear e a complexidade do organismo.

Tamén hai moita diferenza no número de xenes que forma cada un dos xenomas. Por exemplo, en animais, todo o ADN mitocondrial xeralmente acaba dando lugar a 37 xenes diferentes, moitos dos cales están implicados no proceso de respiración celular. Pola contra, no ADN nuclear podemos atopar miles de xenes diferentes que se encargan de todas as funcións do organismo, en esencia, de que haxa un ser vivo. No ser humano son entre 20.000 e 25.000 xenes. Ademais, no xenoma nuclear hai moitas rexións que non dan lugar a xenes. Son rexións reguladoras e outras das que aínda descoñecemos a súa función

En canto á estrutura, o xenoma mitocondrial é unha dobre cadea de ADN, dous fíos enrolados sobre si mesmos, que fan unha molécula circular, é dicir, os extremos están pechados. No caso do nuclear, tamén é unha dobre cadea, pero lineal, cos extremos abertos. Cando a célula non se divide, o ADN nuclear forma a cromatina que é como unha maraña de fíos de ADN no núcleo. No momento de dividirse a célula é cando se forman os cromosomas. Os cromosomas son as estruturas organizadas que forma o ADN nuclear dun organismo.

Tamén hai diferenza no número de copias de ADN nuclear e mitocondrial que atopamos nas células. En xeral, os organismos teñen dúas copias diferentes de ADN nuclear, unha que se herda da nai e outra que se herda do pai. Mentres que dentro de cada mitocondria pode haber entre 100 e 1000 copias de ADN que, xeralmente, só hérdanse da nai, aínda que existen excepcións. E é que en bioloxía a miúdo podemos dicir que a excepción é a norma.

Unha das cousas das que seguro que oístes falar é das mutacións, que son os erros que aparecen cando o ADN duplícase nas novas células. Existe unha batería de proteínas que se encargan de arranxar o ADN cando aparece un destes erros. Ese sistema de reparación consegue que a taxa de mutacións no ADN nuclear sexa bastante baixa. No mitocondrial, esa maquinaria de reparación de mutacións é moito menos eficaz. Iso fai que o ADN mitocondrial teña unha taxa de erros moito maior.

FONTE: Ainhoa Agorreta Calvo/elpais.com/ciencia

#DígochoEu: Como é? Xeada ou xiada?

 

Vai un frío que pela! Temos temperaturas xélidas, baixo cero... pero como é? Xeada ou xiada? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 6)

 

Hoxe Esther Estévez Casado tráenos unha nova recompilación dos vídeos máis virais do TikTok do #DígochoEu.

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XXV (FIN)

Remato coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Corzo. De nome científico Capreolus capreolus, é un mamífero ruminante da familia dos cérvidos, de cor parda no verán e cinsenta no inverno, rabelo e de cornos curtos con poucos gallos, que vive nas fragas. No estado adulto, ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do inverno e que volven medrar ata comezos da primavera. As femias conviven cunha ou dúas crías que tiveron no ano. O normal é que pasen agochadas a maior parte do tempo e a femia só acode a elas para darlles de mamar, aínda que vixíe dende as inmediacións.

E así remato esta serie, que terá continuidade no tempo, polas dimensións que ten a fauna do noso país.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: cazavision.com

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XXIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Paporroibo. Tamén coñecido como paporrubio ou pisco (Erithacus rubecula), é un pequeno paxaro da familia dos muscicápidos, de cor olivácea nas partes superiores, coa parte dianteira da cabeza e da gorxa e o peito rubios e ventre abrancazado. Cun tamaño de 12,5–14,0 cm de lonxitude, o macho e a femia son semellantes en coloración, cun papo laranxa e rostro revestido de capas grises, marróns e unha barriga branca.

E imos coa pregunta de hoxe!

24. Identifica iste ungulado.

- Cervo

- Corzo

- Rebezo

Mañá a solución e fin desta serie!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org