Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non comas *espaguetis!

 

Non comas *espaguetis! Non o dicimos porque engorden, senón porque é incorrecto en galego! Esther Estévez Casado dinos a forma correcta.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? V

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Clorofila. Para realizar a fotosíntese as plantas necesitan a clorofila, unha substancia de cor verde presente nas follas e talos, e que se atopa no interior duns orgánulos chamados cloroplastos. Sen esta biomolécula sería imposible transformar o zume bruto (auga e sales minerais) en zume elaborado. De feito a fotosíntesis tamén recibe o nome de función clorofílica.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. O "pai da botánica" é...

- Darwin

- Mendel

- Teofastro

- Aristóteles

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aminoapps.com         Imaxe: Jimena Araya/slideplayer.es

#DígochoEu: Non digas que *fai frío!

 

Estes días estamos aterecidos, pero non digas que *fai frío! Porque en galego nin *fai frío nin *fai calor! Esther Estévez Casado dinos a forma correcta.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTANICA? IV

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Fotosíntese. Aínda que as plantas realizan como os animais a respiración en ausencia de luz, efectivamente, o principal mecanismo polo que obteñen a súa enerxía é a chamada fotosíntese. Mediante iste proceso transforman materia inorgánica (auga, CO2 e os nutrientes que obteñen do chan) en materia orgánica, asimilable polo resto de seres vivos. Esta transformación de enerxía lumínica en enerxía química foi fundamental para o establecemento da vida na Terra como hoxe a coñecemos.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Para realizar a fotosíntese as plantas necesitan dun pigmento que é, ademais, o que lle outorga a cor verde. Sabes a que substancia referímonos?

- Xilitol

- Clorofila

- Fotosintetol

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es     Imaxe: my.oceandrop.com.br

#DígochoEu: Non digas a *raxatabla

 

Nin *raxar nin *tablas hai en galego, polo que *raxatabla tampouco vale. Pero tranquilidade, que Esther Estévez Casado ten alternativa para todo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? III

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Todas as opcións son correctas. Efectivamente, istos son os elementos que definen a un vexetal.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. As plantas obteñen a súa enerxía para partir do Sol, pero saberías cal é o nome que recibe este proceso?

- Quimiosíntese

- Fotosíntese

- Metabolismo de luz

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es     Imaxe: gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *trineo

 

Para ver este capítulo hai que poñer a mente en branco! A forma de dicir *trineo correctamente en galego vaite sorprender! Mira o que nos di Esther Estévez Casado!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? II

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é As microalgas uniceluares mariñas. Como non podía ser doutra maneira, a orixe das plantas é complexo e tivo lugar na auga. Iste está relacionado coa orixe da primeira célula vexetal, que foi á súa vez a primeira alga mariña, e o primeiro ser eucariota fotosintético, é dicir, a primeira célula con núcleo que podía extraer a súa enerxía da luz do sol. Na actualidade acéptase que a primeira célula vexetal xurdiu da fusión biolóxica entre unha cianobacteria (bacterias que poden realizar a fotosíntese) e un protozoo, un dos organismos celulares con núcleo máis primitivos da historia da Terra.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Xa sabemos como xurdiron os vexetais, pero saberías dicir cal destes elementos son comúns a todas as plantas?

- Non teñen capacidade de movemento.

- As paredes das súas células están compostas de celulosa.

- Obteñen a súa enerxía do Sol.

- Todas as opcións son correctas.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es     Imaxe: inecol.mx