CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? II
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é As microalgas uniceluares mariñas. Como non podía ser doutra maneira, a orixe das plantas é complexo e tivo lugar na auga. Iste está relacionado coa orixe da primeira célula vexetal, que foi á súa vez a primeira alga mariña, e o primeiro ser eucariota fotosintético, é dicir, a primeira célula con núcleo que podía extraer a súa enerxía da luz do sol. Na actualidade acéptase que a primeira célula vexetal xurdiu da fusión biolóxica entre unha cianobacteria (bacterias que poden realizar a fotosíntese) e un protozoo, un dos organismos celulares con núcleo máis primitivos da historia da Terra.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Xa sabemos como xurdiron os vexetais, pero saberías dicir cal destes elementos son comúns a todas as plantas?
- Non teñen capacidade de movemento.
- As paredes das súas células están compostas de celulosa.
- Obteñen a súa enerxía do Sol.
- Todas as opcións son correctas.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es Imaxe: inecol.mx
0 comentarios