Blogia
vgomez

MATEMÁTICAS



Por que todos os anos fórmanse colas nalgunhas administracións de lotería se a probabilidade de que toque o premio é a mesma: moi baixa? En que consiste a falacia de Montecarlo ou o espellismo da maioría? Para que aprendemos a resolver raíces cadradas a man? A matemática e divulgadora Clara Grima asegura que o "anumerismo" ou analfabetismo matemático é un problema da sociedade contemporánea e poderíase evitar a través da educación.

"Inculcanos aos nenos a ansiedade que nos provocan as matemáticas e non existe pudor por non saber unhas matemáticas básicas. Esa mala fama consegue só que os nenos aprendan a odiar as matemáticas, antes mesmo que aprender a materia en si", afirma. Profesora de Matemáticas Aplicadas na Universidade de Sevilla,  co autora do descubrimento dunha nova xeometría, o escutoide, e escritora dos libros ’Que as matemáticas te acompañen’ ou ’Ata o infinito e máis aló’, Grima aposta por un ensino das matemáticas con contos, contexto e teoría de grafos.

"Por moi bos que sexan os nosos nenos en cálculo, as máquinas sono máis. Por iso debemos desenvolver unha habilidade que non teñen as máquinas: a intuición e a lóxica, que se pode desenvolver coa teoría de grafos. No canto de insistir nas operacións poderiamos dedicar máis tempo aos grafos que ensinan a fraccionar un problema, saber que che están preguntando, aprender a pensar e sobre todo, a divertirre xogando coas matemáticas", conclúe.

0 comentarios