CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? V
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Clorofila. Para realizar a fotosíntese as plantas necesitan a clorofila, unha substancia de cor verde presente nas follas e talos, e que se atopa no interior duns orgánulos chamados cloroplastos. Sen esta biomolécula sería imposible transformar o zume bruto (auga e sales minerais) en zume elaborado. De feito a fotosíntesis tamén recibe o nome de función clorofílica.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. O "pai da botánica" é...
- Darwin
- Mendel
- Teofastro
- Aristóteles
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aminoapps.com Imaxe: Jimena Araya/slideplayer.es
0 comentarios