Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Vacaloura. Ou escornabois (Lucanus cervus), é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. É considerado o maior escaravello de Europa, oscilando o seu tamaño entre 30 e 90 milímetros no caso dos machos e 28 e 45 milímetros nas femias. Poden voar, alcanzando velocidades de ata 6 km/h.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Saberías identificar, a partir da imaxe, esta bolboreta?

- Monarca

- Limoneira

- Arlequín

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org   

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 13)

 

Seguimos aprendendo fonética con Esther  Estévez Casado! Imos co capítulo 13!

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Píllara papuda. Ou Borrelho-de-coleira, no país veció. De nome científico Charadrius alexandrinus, é unha pequena ave limícola pertencente á familia Charadriidae. Miden uns 15-17 cm de longo e 42-45 de envergadura. A cor varía dependendo da etapa na que se atope, durante a etapa reprodutiva a plumaxe é pardo agrisado moi claro no dorso. Manchas na coronilla, tras os ollos e laterais ao peito son escuras na femia e de cor negra no macho, que no inverno acláranse. As partes inferiores son brancas. O pico é curto e negro. As patas son agrisadas. A nivel galego atópase ameazada de extinción debido á alteración do seu hábitat.  Na actualidade existen asociacións coma ANABAM que loitan porque esta ave non desapareza dos areais galegos, levando a cabo proxectos de concienciación e protección dos areais nos que a píllara aniña.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Poderías identificar iste insecto?

- Escaravello peloteiro

- Escaravello galego

- Vacaloura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org    

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 5)

 

Sabías que o galego tamén che serve fóra de Galicia? Pois iso é unha das cousas que aclaramos nun dos vídeos virais do #DígochoEu en TikTok! Alí tamén aprendemos a ser uns lerchos con exemplos reais do dicionario da Real Academia Galega. 

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XVIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Lagarto arnal. Ou lagarto ferreño (Timon lepidus), pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola. A coloración de fondo no dorso adoita ser verde, pero ás veces pode ser gris o apardazada, especialmente na cabeza e na cola, e presenta dúas bandas de pintas (ocelos) azuis interconectadas. En Galicia atopámolo en moi diversos hábitats: claros en bosques, cultivos, dunas, serras, cantís costeiros, pero sempre prefire zonas abrigadas e cálidas. 

E imos coa pregunta de hoxe!

18. É unha ave limícola de especial protección no noso Esteiro do Miño. Poderías identificala?

- Correlimos tridáctilo

- Píllara cincenta

- Píllara papuda

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: wikipedia.org

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 4)

 

Trabalinguas con vogais abertas e pechadas, como se di ’pijo’ en galego, algunha dúbida co verbo ser... Aquí tes outro repaso polo máis viral do Tik Tok do #DígochoEu.

#DígochoEu: Non digas *campanadas

 

Rematou o 2020! Pero en galego non comemos as uvas coas *campanadas! Esther Estévez Casado danos a alternativa!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *brindis


Dentro dunhas horas rematamos o ano e hai que estar preparados e preparadas para despedir este 2020 con xeito e en galego! Que remate dunha vez! Por iso non podemos facer un *brindis. Entón cal é a alternativa? Esther Estévez Casado dánola.

#DígochoEu