Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XVII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Gaivota tridáctila. De nome científico Rissa tridactyla, é un ave de tendencias coloniais, que ten nas costas do noroeste da Península Ibérica os seus núcleos máis meridionais de cría. Durante a época de reprodución instálase en elevados cantís, onde confecciona uns sofisticados niños aproveitando calquera repisa ou greta da rocha, frecuentemente en compañía doutras aves mariñas. Pasado o período reprodutor, estas aves retoman os seus hábitos peláxicos e  vagan por mar aberto á procura das pequenas presas que constitúen o seu alimento. Ten unha lonxitude de 38 a 40 cm e unha embergadura de 93 a 120 cm 

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Iste é un réptil endémico da Europa suroccidental e que tamén vive en Galicia. Poderías identificalo?

- Lagarto atlántico

- Lagartixa verdosa

- Lagarto arnal

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: ridimoas.wixsite.com

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XVI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Raposo. Tamén coñecido golpe e de nome científico Vulpes vulpes. É un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. É un pouco máis pequenos ca un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Esta é unha gaivota, pero como se chama concretamente?

- Gaivota patiamarela

- Gaivota tridáctila

- Gaivota arxéntea

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: seo.org

DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 3)

 

Que ben o pasamos no TikTok do #DígochoEu! Velaquí outro resumo dos vídeos máis vistos!

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 2)

 

Imos con outro repaso polo máis viral do TikTok do #DígochoEu!

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Choco. Tamén coñecido como chopo, xiba ou sepia, de nome científico Sepia officinalis, é un molusco cefalópodo mariño da familia dos Sepiidae, dentro da orde dos Sepiida. Ten o corpo ovado e groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo. A cor é moi variable, en función das circunstancias biolóxicas e o substrato no que se pousan. Adoitan ser de cor moura ou gris apardazada, con puntos de distinto tamaño ou bandas de cor. A zona ventral é abrancazada.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Identifica iste animal a partir da fotografía superior.

- Lobo

- Chacal

- Raposo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: rafaelescanciano.com

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Cobra viperina. Ou cobra de auga viperina (Natrix maura), é unha especie de cobra da familia Colubridae. Debe o nome de ’cobra de auga’ á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de ’viperina’ á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva. É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm.   Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso. A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, máis tamén pode ser avermellada. Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zig-zag.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Iste molusco cefalópodo é o produto máis representativo de Redondela (Pontevedra). De quen estamos a falar?

- Pota

- Choco

- Lura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: gl.wikipedia.org

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 1)

 

Na conta de Tiktok do #DígochoEu estamos contando cousas ben interesantes e resolvendo dúbidas dos nosos seguidores. Velaquí un resumo do máis viral!

#DígochoEu: Como é? Regalos ou agasallos?

 

Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos... que fanRegalos ou agasallos? Esther Estévez Casado aclarámolo!

#DígochoEu