Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Teixugo. Tamén coñecido como porco teixo e de nome científico Meles meles, é un mamífero pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles. Mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos. É un animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Saberías dicir, a partir da fotografía, de que cobra estamos a falar?

- Cobra bastarda

- Cobra viperina

- Cobra de colar

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Bufo real. O Bubo bubo é a maior das rapaces nocturnas ibéricas e imposible de confundir con ningunha outra. A súa plumaxe é pardo xaspeado. Ten unha talla duns 70 cm, e entre 2,5 e 3,5 kg de peso. A súa embergadura  alar excede os 150 cm., e ten orellas anchas a modo de grandes cellas (a diferenza do Bufo mozo, no que as orellas parecen antenas), poderosas garras e ollos claramente alaranxados.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Fíxate na imaxe. Que é?

- Londra

- Teixugo

- Visón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *villancico

 

As cancións típicas do Nadal non son *villancicos. Esther Estévez Casado explícanos a forma correcta. 

#DígochoEu

#DígochoEu: É correcto dicir 'bon Nadal'?

 

'Bon' é unha varidade dialectal do estándar 'bo'... pero se cadra iso é o de menos. O capítulo de hoxe é para coñecer outras palabras típicas do Nadal cunha Esther máis zoupona do habitual.

#DígochoEu

#DígochoEu: Tres verbos conflitivos: axudar, afectar e preocupar

 

Moita traballeira nos dan estes verbos! Canto dubidamos á hora de poñerlles o pronome correcto! Esther Estévez Casado bótanos unha man.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Cangrexo de río. O Austropotamobius italicus é un artrópodo decápodo cun corpo cuberto por un caparazón (exoesqueleto) de consistencia dura, grazas ás impregnacións de sales de calcio. O corpo preséntase fragmentado en dúas porcións unha anterior ou cefalotórax e outra posterior ou abdome. Ten 5 pares de patas (pereiópodos) inseridas lateralmente na zona ventral do cefalotórax. O primeiro par de patas ten unhas pinzas moi desenvolvidas e utilizadas para capturar o seu alimento. Os dous seguintes pares de patas teñen tamén unhas pinzas pero dun tamaño considerablemente máis pequeno e os dous pares últimos de patas posúen unha uña. A excepción do primeiro par, todo o resto do conxunto de patas emprégao, principalmente, para moverse. Ao final do rostro insérense, na parte anterior, as denominadas antenas, máis longas, e as anténulas, máis curtas. Este conxunto de apéndices sensoriais constitúe o seu órgano do equilibrio. O abdome está formado por seis segmentos, en cada un dos cales pódense atopar un par de apéndices (pleópodos). O último par destes apéndices está moi desenvolvido e xunto ao segmento final do telson forma unha potente aleta natatoria caudal.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Fíxate na imaxe. Que é?

- Curuxa

- Moucho

- Bufo real

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: faunaiberica.org

#DígochoEu: Como é? Quérote ou quéroche?

 

Moito se preguntou sobre isto! Pois moita atención ao que nos di Esther Estévez Casado!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? X

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Insectívoro. A Musaraña (Crocidula russula) é un mamífero que pertence á orde dos insectívoros, aínda que na súa alimentación tamén adoitan entrar pequenos vertebrados. O seu fuciño ten unha prolongación de forma puntiaguda e os ollos son pequenos. A súa pelame é curto, moi denso e aterciopelado. As orellas sobresaen claramente da pelame. A cola é tan longa como a metade da lonxitude da cabeza máis o corpo e ten unha serie de pelos longos, distribuídos irregularmente, os cales sobresaen do resto. Mide entre 5,4 e 8,45 cm., ao que hai que engadir a súa cola que varía entre os 2,8 e os 5 cm. O seu peso pode ir desde os 4,7 ata os 12 gramos.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Fíxate na imaxe. Que é?

- Lagosta

- Cangrexo de río

- Lumbrigante

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: CSIC