Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? IX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Illa do Hierro. O lagarto xigante do Hierro (Gallotia simonyi machadoi) é unha subespecie de lagarto endémica da illa do Hierro (Illas Canarias). Este lagarto alcanza un tamaño de ata 60 cm, é un animal de cabeza ancha (sobre todo os machos), corpo forte e longa cola. O dorso é de cor escura parda, gris ou mesmo negro, o ventre é pálido esbrancuxado ou  cremoso e nos costados ten numerosas marcas de cor marrón amarelada, pouco visibles nalgúns individuos. É propio das zonas máis áridas e de terreo pedregoso. É omnívoro: come plantas e insectos.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

9. A musaraña é unha especie mediterránea de...

- Herbivoro

- Insectívoro

- Omnívoro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org      Imaxe: deanimalia.com

#DígochoEu: Non digas *atracón

 

En galego podes comer todo canto queiras, pero non *meterte un atracón! Esther Estévez Casado danos atlternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? VIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Pita do monte. Tetrao urogallus, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, pertencente ao seu xénero tipo Tetrao. En Galiza deuse por extinguida a poboación dos Ancares, a poboación máis occidental da especie, xa que os últimos cantadeiros ocupados observáronse en 2005, pero aínda se atopa esporadicamente debido ao movemento de exemplares de poboacións limítrofes, polo que figura no Catálogo galego de especies ameazadas. A pita do monte ten un tamaño máximo de 1,1 m nos machos e 0,7 m nas femias. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, unha cola en forma de abano e uns tubérculos vermellos sobre os ollos. A cor da plumaxe é unha característica diferencial entre os sexos. Os machos teñen a plumaxe negra, con zonas azuis ou verde metálico no peito, coas ás acastañadas cunha mancha branca no vértice e manchiñas brancas no ventre e no rabo. As femias teñen o dorso e as ás de cor acastañada con abundantes pencas brancas, o rabo e o peito arrubiados, e o ventre branco con manchas pardas. Ademais diferencia a ambos os sexos o tamaño do peteiro, que é prominente, de xeito curvo e de cor marfil nos machos e breve e de cor negra nas femias. A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe. 

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Onde podemos atopar iste lagarto xigante?

- No Cabo de Gata

- En Melilla

- Na Illa do Hierro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org


#DígochoEu. Como é? Lotería ou lotaría?

Hoxe é o Sorteo de Nadal !  Como se di correctamente? Lotería ou lotaría? Esther Estévez Casado acáranolo!

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Churra. É unha raza ovina orixinaria de Castela e León. Trátase dunha das razas autóctonas máis importantes de España, tanto pola súa alta especialización leiteira como polo elevado censo que dispón. Presentan coloración branca con pigmentación negra característica na cabeza e extremidades. Ten unha la aberta e basta. A súa gran aptitude leiteira fai que o principal uso da raza sexa a produción de leite.​ O formato varía moito dunha zona a outra. Xeralmente presentan pesos de 73 kg nos machos e de 66 kg nas femias e unha altura á cruz de 81 cm e 68 cm machos e femias respectivamente, aínda que os ecotipos de Salamanca e Sayago non pasan de 45-50 kg os machos e 30-35 kg as femias.​

 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Fíxate na imaxe. De quen se trata?

- Pavo real  

- Sisón común

- Pita do monte

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org

#DígochoEu: Non me fales con tempos compostos! (segunda parte)

 

Esther Estévez Casado séguenos falando do que máis lles rincha nos oídos aos galegofalantes: os tempos compostos.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Roleiro. Tamén chamado Gaio azul (Coracias garrulus) é a única especie de paxaros da familia dos Coraciidae que habita en Europa. É unha especie migratoria de longa distancia, hibernando no sur de África. Adoita habitar en lugares de clima tépedo ou cálido coa presenza de árbores. É un paxaro mediano dun tamaño entre 29–32 cm de media e unha envergadura de 52–58 cm coas ás estendidas. A súa cor é azul co lombo marrón. Frecuentan zonas arboradas e chairas abertas, onde se alimentan principalmente de insectos, aínda que en ocasións complementan a súa dieta con lagartos e ras. En Galiza é rara, e aparentemente vese nos pasos prenupciais en maio e máis intensamente no posnupcial de agosto-setembro.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que tipo de ovellas son?

- Merina

- Churra

- Manchega

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org

CANTO SANES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? V

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Cágados. Son a larva dos anfibios da orde dos anuros como ras e sapos, que despois dunha metamorfose convértese en anfibio adulto. Xeralmente son larvas acuáticas, aínda que tamén hai algunhas terrestres.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Isto é un...

- Merlo

- Xílgaro

- Rolieiro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org