CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? IX
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Illa do Hierro. O lagarto xigante do Hierro (Gallotia simonyi machadoi) é unha subespecie de lagarto endémica da illa do Hierro (Illas Canarias). Este lagarto alcanza un tamaño de ata 60 cm, é un animal de cabeza ancha (sobre todo os machos), corpo forte e longa cola. O dorso é de cor escura parda, gris ou mesmo negro, o ventre é pálido esbrancuxado ou cremoso e nos costados ten numerosas marcas de cor marrón amarelada, pouco visibles nalgúns individuos. É propio das zonas máis áridas e de terreo pedregoso. É omnívoro: come plantas e insectos.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. A musaraña é unha especie mediterránea de...
- Herbivoro
- Insectívoro
- Omnívoro
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org Imaxe: deanimalia.com
0 comentarios