CANTO SABES DE BRASIL? XII
Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.
A contestación correcta á pregunta de onte é 215 millóns. Exactamente 215.586.573 habitantes (población estimada IBGE a 12 de xaneiro de 2023). Estímase que en 2050 superará os 230 millóns.
E imos coa pregunta de hoxe
12. Cal é a moeda oficial de Brasil?
- Cruceiro
- Real
- Dólar
- Escudo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es Imaxes: populationpyramid.net e es.wikipedia.org
0 comentarios