Blogia
vgomez

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 

A poeta e tradutora viguesa Xela Arias será a homenaxeada en 2021 pola Real Academia Galega ao dedicarlle as Letras Galegas do ano que vén. A decisión tomouna o plenario da RAG onte pola tarde. A institución quere así render tributo a “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.

A Real Academia Galega tamén quere recoñecer “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”.

Xela Arias será a quinta muller á que se dedica as Letras Galegas, dun total de 58 homenaxeados. Antes ca ela foron Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno.

Xela Arias naceu en Sarria (Lugo), pero xa de pequena mudouse a vivir en Vigo polo traballo do seu pai, Valentín Arias, mestre, xerente de Galaxia e presidente da Asociación de Tradutores Galegos. Morre nesta cidade en 2003 aos 41 anos dun ataque cardíaco.

FONTE: Irene Bascoy/farodevigo.es          Imaxe: culturagalega.gal

0 comentarios