CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXII
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Albacete. Almansa é unha localidade pertencente á provincia de Albacete, en Castela-A Mancha. O termo municipal limita coas provincias de Valencia e Alacant e coa Rexión de Murcia. Nela atópase o Castelo de Almansa, construción orixinal que correspondeu aos almohades. No século XIV a fortaleza pasou a mans do infante don Juan Manuel, quen aproveitando a construción almohade, mandou reconstruír algúns dos seus elementos e murallas, diferenciándose a cachotería cristiá do século XIV do tapial árabe do século XII. Juan Pacheco, I marqués de Villena, deulle a morfoloxía actual ao castelo, coa construción da torre da homenaxe, as torres semicirculares das murallas e a barbacana defensiva. As súas armas aparecen nas claves das bóvedas de crucería sinxela da súa torre da homenaxe. A principios do século XX e grazas aos informes realizados pola Real Academia da Historia e a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, o castelo de Almansa foi declarado por Real Orde do 2 de febreiro de 1921 Monumento Histórico-Artístico Nacional.
E imos coa pregunta de hoxe!
32. Onde se atopa a Illa de Santa Marina?
- Mar Mediterráneo
- Mar Cantábrico
- Océano Atlántico
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios