#DígochoEu: Non me fales con tempos compostos! (primeira parte)
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Cordilleira Cantábrica e Pirineos. O Ursus arctos pyrenaicus ten unas características moi definitorias: o seu espeso e tupido pelame, a súa pequena cola (apenas 7 ou 8 cm) e a súa enorme cabeza, rematada por dúas pequenas orellas redondeadas. É o animal terrestre máis grande de toda a fauna ibérica. O seu corpo é extremadamente robusto, sendo os machos moito máis pesados que as femias, polo menos un 25 ó 30% máis. Os osos pardos ibéricos son os máis pequenos de todo o mundo, pois os machos de cando en cando exceden o 180 kg e as femias roldan os 130 ó 140 kg, tendo enormes variacións de peso ao longo do ano e dun ano a outro, dependendo da abundancia ou escaseza de comida.
E imos coa pregunta de hoxe!

4. Que nome reciben estas larvas de anfibio?
- Alevíns
- Perdigóns
- Cágados
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Quebraósos. É unha ave de rapiña da famila Accipitridae. O seu nome científico é Gypaetus barbatus .A envergadura das súas ás, que pode acadar 2,9 metros, fan dela unha das meirandes aves voadoras. Con só entre 225 e 250 parellas reprodutoras é unha das aves de rapiña máis escasas de Europa. A última cita documentada en Galicia data de xullo de 1858 polo que pode considerarse extinta na nosa comunidade.
E imos coa pregunta de hoxe!

3. En que parte de España vive o oso pardo ibérico?
- Prineos e Montes Vascos
- Cordilleira Cantábrica e os Prineos
- Cordilleira Cantábrica
Mañá a solución e eunha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Cabra montesa. Esta cabra, tamén chamada hirco (Capra pyrenaica) é unha das especies de bóvidos do xénero Capra que existen no noso país. Trátase dun endemismo que actualmente non se atopa fóra das áreas montañosas da Península Ibérica, sendo unha especie con forte dimorfismo sexual, do mesmo xeito que moitos outros bóvidos. As femias miden uns 1,20 metros de longo e 60 cm de altura na cruz, pesando entre 30 e 45 quilos de peso. Teñen cornos bastante curtos e parécense bastante a unha cabra doméstica. Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo e ter unha altura de 77 centímetros na cruz, acadando un peso máximo de 110 quilos. Os cornos dos machos son notablemente grosos e poden chegar a ser o triplo de longos que os das femias. Están máis separados entre si cós cornos doutras especies do xénero Capra. Os machos adultos teñen tamén unha cara máis alongada e a típica barba de chivo escura baixo a mandíbula. Das outra dúas propostas, a cabra alpina é orixinaria dos Alpes e a cabra majonera é autóctona da illa de Fuerteventura, no arquipélago canario.
E imos coa pregunta de hoxe!

2. Esta ave é un/unha...
- Quebraosos
- Aguia imperial ibérica
- Pita do monte
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org