Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA?

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA?

España ten unha fauna impresionante, e nos seus vales, altos cumes, chairas, humidais ou salinas, entre outros moitos espazos naturais, podemos atopar especies animais de carácter europeo, africano e mediterráneo. Respecto a as aves, ademais das especies autóctonas, España tamén é un importante paso para as especies migratorias que cruzan de África a Europa, e viceversa.

O reto que che propoño hoxe e precisamente o coñecemento da nosa fauna, co título: Canto sabes sobre a fauna de España?

Animáste?

Si, pois empezamos!

1. De que raza é esta cabra?

- Cabra alpina

- Cabra montesa

- Cabra majorera

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org       Imaxe: plagdainfantil.wordpress.com

#DígochoEu: Trepar non é o que parece!

 

Vas quedar de pedra cando vexas o que significa trepar en galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 11)

 

Imos con outro feixe de palabras coa letra d. E aquí é máis difícil establecer regras, así que moita atención a explicación de Esther Estévez Casado!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir ambos, senllos e cadanseu

 

Estas tres palabriñas ás veces xeran confusión, así que atende ben á explicación de Esther Estévez Casado!

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XVII (FIN)

Remato coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Manga de auga non tornádica. É un embude contendo un intenso vórtice ou turbillón que ocorre sobre un corpo de auga, usualmente conectado a unha nube cumuliforme. En aparencia similares a un tornado pero coa principal diferenza de que se producen sobre o mar e non en terra.

 

Imaxe dunha manga de auga na nosa localidade, ala polo 9 de marzo de 2013.

E así remato esta serie, esperando que servise para recordar ou aumentar os coñecementos sobre meteoroloxía.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org    Imaxe: cazatormentas.net

#DígochoEu: Moito ollo cos diminutivos!

 

Os diminutivos fanse con -iño/a, pero coidado! Non sempre é así... Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XVI

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1. Ao estar as isóbaras xuntas indica que os ventos son fortes, sendo a súa intensidade maior canto mais xuntas se atopen.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

16. Fíxate na imaxe. Como se chama iste fenómeno?

- Tromba de auga tornádica

- Tromba de auga non tornádica

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org    Imaxe: meteorologiaenred.com

#DígochoEu: Nin somos *tontos nin dicimos *tonterías

 

Non haberá palabras en galego sen ter que dicir o castelanismo *tontería!? Esther Estévez Casado dínolas.

#DígochoEu