Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *espabila

 

En galego, por moita présa que teñamos, non *espabilamos! Entón cal é a aternativa? Esther Estévez Casado ten a solución ao problema!

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XV

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un fenómeno meteorolóxico, difícil de predecir, que consiste en chuvascos e tormentas de extraordinaria violencia, aínda que de pouca duración e que afectan normalmente a unha zona pouco extensas. Son frecuentes nas zonas costeiras do mar Mediterráneo, sobre todo entre os meses de setembro e outubro. A grandes liñas, a gota fría é o resultado dunha fronte de aire polar frío (corrente en chorro) que avanza lentamente sobre Europa occidental a gran altura (normalmente 5-9 km) e que, ao chocar co aire máis cálido e húmido do Mar Mediterráneo, xera fortes e daniñas tormentas.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Aquí os ventos son máis fortes! Cal é a información que aporta esta información no mapa?

- 1

- 2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org    Imaxe: Isaac Buzo Sanchez

#DígochoEu: Non digas *Dios nin *adiós

 

*Dios e *adiós son case tan difíciles de erradicar como *bueno e *abuelo. Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 10)

 

Velaquí un novo capítulo en que poderás seguir aprendendo a distinguir vogais abertas e pechadas. Hoxe, Esther Estévez Casado tráenos unha serie de palabras que inclúen a letra d. 

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XIV

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un fenómeno meteorolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío. Tras unha fronte cálida o aire queda máis quente e húmido co que había antes da fronte. Orixinan chuvias máis suaves pero extensas e inenterrompidas, chegando incluso a nevar, podendo durar dende unhas horas ata varios días. Os primeiros indicios da chegada dunha fronte cálida son a formación de cirros, seguidos de cirroestratos, altoestratos, cúmulonimbos e estratocúmulos.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. A gota fría, tamén chamada depresión illada en niveis altos (DINA) é…

- Un fenómeno meteorolóxico moi fácil de predicir, consistente en fortes choivas, moi frecuentes no mar Cantábrico, sobre todo nos meses de agosto e setembro.

- Un fenómeno meteorolóxico, difícil de predecir, que consiste en chuvascos e tormentas de extraordinaria violencia, aínda que de pouca duración e que afectan normalmente a unha zona pouco extensas. Son frecuentes nas zonas costeiras do mar Mediterráneo, sobre todo entre os meses de setembro e outubro.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org   Imaxe: elespanol.com

#DígochoEu: Non digas *enseres

 

En galego non temos *enseres, pero tranquilo! Si que temos palabras abondo para referirnos a eles na nosa lingua. Esther Estévez Casado dínolas.

#DígochoEu

#DígochoEu: Palabras nivel pro do mundo do deporte (capítulo 2)

 

Esther Estévez Casado segue a falar de deportes con Antonio Mosquera. E non todo vai ser fútbol!

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XIII

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Troposfera. É a capa da atmosfera terrestre que está en contacto coa superficie da Terra.​ Ten ao redor de 17 km de espesor no Ecuador terrestre e só 7 km nos polos, e nela ocorren todos os fenómenos meteorolóxicos que inflúen nos seres vivos, como os ventos, a choiva e a neve. Ademais, concentra a maior parte do osíxeno e do vapor de auga. En particular esta capa actúa como un regulador térmico do planeta; sen ela, as diferenzas térmicas entre o día e a noite serían tan grandes que non poderiamos sobrevivir. É de vital importancia para os seres vivos. É a capa máis delgada do conxunto das capas da atmosfera. A súa temperatura descende a razón de aproximadamente 6,5 ° C por quilómetro de altura,​ por encima dos 2.000 metros de altura.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Unha fronte cálida é…

- Unha franxa de mal tempo que sucede cando unha masa de aire frío achégase a unha masa de aire quente. O aire frío, sendo máis denso, xera unha “cuña” e métese por debaixo do aire cálido e menos denso. As frontes frías móvense rápidamente.

- Un fenómeno meteorolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org