Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *sonarse os mocos

 

En galego non nos *sonamos os mocos, pero tranquilidade, temos ata tres formas diferentes de dicilo! Esther Estévez Casado dínolas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XII

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o ecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de  Greenwich. A latitude proporciona a localización dun lugar, en dirección Norte ou Sur desde o ecuador e exprésase en medidas angulares que varían desde os 0º do Ecuador ata os 90º N (+90º) do polo norte ou os 90º S (-90º) do polo sur. A lonxitude proporciona a localización dun lugar, en dirección Leste ou Oeste desde o meridiano de referencia 0º, ou meridiano de Greenwich, expresándose en medidas angulares comprendidas desde os 0º ata 180º E (+180º) e 180º W (-180º).

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Os fenómenos meteorolóxicos tal e como os coñecemos prodúcense na capa atmosférica chamada...

- Estratosfera.

- Exosfera.

- Termosfera ou ionosfera,

- Troposfera.

- Mesosfera.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: lifeder.com

#DígochoEu: Non digas *méxome

 

A xente non *se mexa nin cando lle dá un ataque de risa! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XI

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lenticulares. Máis exactamente altocumulus lenticularis. Son un tipo de nubes que posúen unha forma de prato ou OVNI e que aparece en zonas de montaña. Fórmanse na  troposfera, é dicir, na máis baixa das capas da atmosfera.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Hai dous conceptos que facilmente se confunden: latitude e lonxitude. Elixe a respota acertada!

- A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de  Greenwichecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Ecuador.

- A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o ecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de  Greenwich.

- A latitude pode ser (leste ou oeste) e a lonxitude (norte ou sur).

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: portaleducativo.net 


CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? X

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cicloxénese explosiva. Outro termo usado para estas depresións que se profundan moi rapidamente, é de “bomba” meteorolóxica. Un exemplo foi Xynthia. O sábado 27 de febreiro de 2010 formábase unha depresión ou borrasca ao oeste das Illas Canarias cun centro de 990 mb de presión. Tan só 18 horas despois xa estaba situada no Cantábrico cun centro de 970 mb de presión. É dicir, en menos de 24 horas a presión descendeu 20 mb e a borrasca recorreu miles de km a moita velocidade. Ese sábado, en Galicia, houbo refachos de vento de máis de 130 km/h, chuvias intensas e temporal forte no mar, aínda que as consecuencias máis devastadoras chegaron a Francia con decenas de persoas falecidas.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Unha nube é un hidrometeoro que consiste nunha masa visible composta de cristais de xeo ou pingas de auga microscópicas suspendidas na atmosfera. Como se chama a nube da imaxe?

- Cirros.

- Nimbos.

- Lenticulares.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: meteorologiaenred.com

#DígochoEu: Aprende a usar os pronomes de solidariedade e de interese

 

En galego temos o pronome de solidariedade e o de interese. Sabes usalos? Esther Estévez Casado axúdanos a facelo.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *apretar o *cinturón

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? IX

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Siroco. Normalmente, leva po vermello do Sahara e está asociado coas tormentas e fortes choivas. O siroco causa condicións secas na costa norte de África, tormentas no mar Mediterráneo e tempo húmido e frío en Europa. Nas Illas Canarias este opresivo, quente, po co vento chámase calixe.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cando unha depresión ou ciclón formado en supetficie, profundízase nun período moi curto de tempo, converténdose nunha borrasca moi violenta e adversa en cuestión de poucas horas coñecida como...

- Furacán.

- Cicloxénese explosiva.

- Tifón.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: tiempo.com